Gripe de 1918: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m engado a Categoría:Pandemias mediante HotCat
HacheDous=0 (conversa | contribucións)
Eses nomes son locais, basicamente empregados por xornais de Madrid (por unha obra de teatro que se representaba daquela our por snobismo) que non deixaron pouso ningún na lingua galega
Liña 3:
 
== Historia e características ==
Ignórase onde apareceu o [[virus]], pero as primeiras noticias sobre a súa intensidade publicáronse en xornais españois, polo que tamén se coñece como '''gripe española'''. A razón é que España non participaba na guerra e, polo tanto, non existía [[censura]] previa. De certo, entón descoñecíase que a gripe puidese ser provocada por un virus. Tamén coñecéuselle polos nomes de "''Soldado de Nápoles''", "''Dama Española''" e "''a enfermidade de moda''"<ref>[http://www.revistahallali.com/2009/07/30/del-%E2%80%9Csoldado-de-napoles%E2%80%9D-a-la-%E2%80%9Cdama-espanola%E2%80%9D-la-pandemia-de-1918/ Revista Hallali]</ref>.
 
Con efecto, na primavera e comezos do verán de [[1918]], a enfermidade estendeuse por ambos os dous lados das frontes europeas, afectando a [[exército|divisións]] enteiras. Declinou unhas semanas e logo, a finais do verán, rexurdiu moi violentamente. Os doentes sentían [[febre]], [[dor de cabeza]] e dores nas [[articulación (anatomía)|articulacións]]. Curiosamente, moitos eran novos, a quen a gripe apenas afecta. Un 5% das vítimas morreron, algunhas en só dous ou tres días. Os seus [[pulmón]]s revelábanse nas [[autopsia]]s completamente anegados de [[sangue]]; os rostros dos mortos tornábanse de cor violeta.