Systema Naturae: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xoio (conversa | contribucións)
arranxiño
m Bot: Arranxos varios, replaced: {{listaref|2}} → {{Listaref|30em}}
Liña 2:
[[Ficheiro:Linnaeus1758-title-page.jpg|miniatura|''Systema naturæ''. Cuberta da 10ª edición ([[Estocolmo]], 1758).]]
 
O libro '''''Systema Naturæ''''' (abreviado '''Syst. Nat.''') foi unha das principais obras do [[médico]], [[botánico]] e [[naturalista]] [[Suecia|sueco]] [[Carl von Linné|Linneo]].
 
O seu título completo é "''Systema naturæ, sive regna tria naturæ systematice proposita per secundum classes, ordines, genera, & species, cum characteribus, differentiis, synonymis, locis''" ("Sistema natural, nos tres reinos da natureza, segundo clases, ordes, xéneros e especies, con características, diferenzas, sinónimos, lugares").<ref> [http://gallica.bnf.fr/ark:/12148/bpt6k99005q.r=Systema+naturae.langFR tomus I (Regnum animale) pars 2 / Caroli a Linné '''1767'''] </ref> <ref> [http://gallica.bnf.fr/ark:/12148/bpt6k990062.r=Systema+naturae.langFR tomus II (Regnum vegetabile)]</ref> <ref> [http://gallica.bnf.fr/ark:/12148/bpt6k99007d.r=Systema+naturae.langFR tomus III (Regnum lapideum)]</ref>
 
Co seu sistema, Linneo, profundo crente, pensaba que estaba clasificando a [[creación]] de [[Deus]].
 
A décima edición deste libro ([[1758]]) está considerada como o punto de partida formal da [[taxonomía|nomenclatura zoolóxica]].
 
== Descrición ==
Linneo publicou a primeira edición do ''Systema naturae'' no ano [[1735]], durante a súa estancia nos [[Países Baixos]]. Como era costume para a literatura científica da época, o libro publicouse en [[latín]]. Nel expoñía as súas ideas para a clasificación xerárquica do mundo natural, dividíndoo nos clásicos tres reinos, o reino animal (''Regnum animale''), o reino vegetal (''Regnum vegetabile'') e o "reino mineral" (''Regnum lapideum'').
 
Para a clasificación do reino vexetal Linneo segue o seu novo sistema sexual, en que as especies co mesmo número de [[estame]]s se inclúen no mesmo grupo. A clasificación dos animais era máis natural. Por exemplo, os [[Homo sapiens|seres humanos]] foron por primeira vez colocados xunto a outros [[primates]] (como ''[[Anthropomorpha]]'').
 
En vista da popularidade da obra, Linneo continou a publicación de novas edicións, ampliando en cada unha a precedente, desde as once páxinas da primeira edición (1735) ás tres mil páxinas da déciimo terceira e última edición (1770). Ademais, segundo avanzaba no traballo, fixo modificacións: na primeira edición as [[Mysticeti|baleas]] foron (erroneamente) clasificadas como [[Pisces|peixes]]; na 10ª edición, publicada en 1758, as baleas xa se identificaron como [[Mammalia|mamíferos]].<ref>O que non convenceu a varios estudosos, por exemplo, a [[Cornide Saavedra]] que, aínda así, seguiu o criterio linneano no seu ''Ensaio'' sobre os peixes de Galicia.</ref> Nesta mesma edición introduce para as [[especie (bioloxía)|especies]] animais un [[nome científico]] formado por dous termos (xenérico e específico), a denominada [[nomenclatura binomial]], algo que xa fixera para as especies de [[plantas]] en [[1753]], na publicación de ''Species Plantarum''.
 
== Notas ==
{{listarefListaref|230em}}
 
== Véxase tamén ==