Cualedro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
*costo -> custo (costo é outra cousa)
Ogaiago (conversa | contribucións)
Liña 60:
 
== Economía ==
Segundo o censo do [[IAE]], a actividade económica no Concelloconcello é moi feble e a existente crea pouco [[emprego]], dado que a meirande parte da actividade é levada a cabo polos propios titulares. Das actividades rurais tradicionais, a agricultura na súa vertente empresarial é practicamente inexistente. Só existen datos acerca da produción de pataca adscrita á denominación de orixe da [[A Limia|Limia]]. Canto á gandaría ten certa relevancia. Existen 12 explotacións, segundo o censo do IAE do [[2002]]. A meirande parte das altas danse no sector do comercio minorista. Porén, esta actividade, que se sitúa no interior dos núcleos, tende a desaparecer, pois os seus titulares son persoas de idade avanzada.
 
Outro dos sectores con implantación é a [[construción]]; hai un número de altas importante de empresas construtoras, ademais de 11 altas en albanelaría. A meirande parte delas corresponden a empresarios autónomos, aínda que existen tres sociedades limitadas. No ámbito da [[hostalaría]] destacan os tradicionais cafés-bares, con 15 altas. Esta é outra actividade característica do interior dos núcleos, que presenta unha evolución similar á do comercio minorista no senso da súa desaparición coa xubilación dos titulares. Neste sector convén destacar a existencia dun establecemento de [[turismo rural]] na Xironda. Resulta relevante a existencia de 9 altas en servizos [[forestais]], a maioría no núcleo de [[Santa Baia de Montes, Montes, Cualedro|Santa Baia de Montes]].
 
No referente á [[industria]], a actividade fundamental céntrase nas [[canteira]]s, outro sector de particular relevancia no tecido empresarial do concello. Tamén existen dous obradoiros de confección na Xironda. O sector de servizos céntrase fundamentalmente nas actividades básicas en todo o Concello, que se sitúan na capital municipal. No tocante á distribución territorial das actividades podemos observar que Cualedro, como núcleo central do Concelloconcello, concentra o maior número de altas, se ben tanto A Xironda como Montes, con 19 altas cada un, son os dous polos de actividade máis importantes e teñen unha situación xeográfica relevante,: A Xironda pola súa proximidade á raia portuguesa, e Montes pola proximidade ao enlace da autovía.
 
O dato da implantación das formas societarias é relevante, a fin de acreditar a feble actividade económica existente no Concelloconcello. De 130 altas só existen 11 empresas con forma societaria, que representan o 8,46 % do total.
 
== Demografía ==
Liña 189:
 
==== Infraestruturas tradicionais: a rede de fontes ====
Cualedro conta cunha sorprendente colección de fontes nos seus núcleos, que enriquecen o espazo público. Todas están en uso pero, en xeral, necesitan limpeza e mantemento. Apreciamos dous tipos: fontes–manancial, cubertas con laxes de pedra ou bóveda (A Xironda, San Martiño, Montes, etc.) e fontes con pión, co cano nun extremo ou central (Baldriz, Carzoá, etc.) Ademais, o Concello conta con numerosos lavadoiros, moitos deles recuperados e en bo uso, moitos con cuberta (lixeira, de madeira ou metálica). Teñen interese como xeradores de espazo público de calidade e puntos de reunión.
 
==== Rede eléctrica ====
Liña 202:
=== Rede viaria ===
[[Ficheiro:Cruce Cualedro 19.JPG|miniatura|Cruce da rúa Luis Taboada coa estrada de Xinzo, de fronte, e coa Avda. de Portugal, pola esquerda.]]
Cualedro localízase ao sur da provincia de Ourense, xunto á fronteira portuguesa. Comparte co resto do interior de Galicia e rexión norte de Portugal os factores que produciron certo illamento e "fuga" de recursos, principalmente malas conexións por estrada e ferrocarril. Pero isto non foi sempre así. Existe en Cualedro un territorio fortemente humanizado e traballado, cun amplo patrimonio arqueolóxico. Un dos accesos naturais dende a Meseta a Galicia é o corredor que aproveitou o camiño de Santiago e, actualmente, a estrada N-525. Como vemos, e sucede en toda Galicia, os grandes eixes son basicamente os mesmos, os sistemas viarios superpóñense. Analizaremos o viario histórico (intentarase dar unha visión xeral da rede viaria ao longo da historia, sempre de forma xeral, xa que se trata dun tema cheo de polémica: escasa documentación, mobilidade dos trazados e elementos, etc.; tamén se analizará o viario miúdo, o rueiro tradicional propio do sistema das agras) e a xerarquía viaria actual, co obxecto de planificar actuacións de mellora na accesibilidade e na calidade do rueiro, de aproveitamento das potencialidades existentes e de recuperación de parte dos trazados con interese patrimonial, social, paisaxístico e ecolóxico.
 
==== Viario histórico ====
Os primeiros itinerarios que podemos reconstruír son as vías romanas, ante a dificultade de reformular a rede camiñeira dos antigos castros prerromanos. Porén, é lóxico supor que estes trazados romanos seguiron uns pasos que xa existían cando chegaron. O corredor que comunicaba [[Chaves, Portugal|Chaves]] (Portugal) con Ourense, entrando en Galicia por Feces de Abaixo, divídese en dúas vías romanas secundarias remontando o [[Támega]] cara ao val de [[Monterrei]]. Ambas as dúas pasarían polo territorio do actual Concelloconcello de Cualedro. A primeira, a do lado leste, pasaría pola ''civitas'' de ''Forum Limicorum-Nocelo da Pena'' (segundo [[Antonio Rodríguez Colmenero]]); a segunda, a do lado oeste, dende Verín cara a Xinzo de Limia, documentado pola ''Mansío Germinae'' e os [[miliario]]s de Rebordondo. Este último itinerario será máis tarde camiño medieval, moi importante economicamente, máis que o ''Camiño Francés'', xa que comunicaba tanto con Portugal como coa Meseta. Dende Lama d'Arcos (Tras–os–Montes) por Feces de Abaixo ata Verín, Monterrei e Albarellos, chegando a Rebordondo por Infesta; pasa por Penaverde e As Estibadas cara a Xinzo de Limia (segundo Elisa Ferreira). Tamén existe outro acceso dende Portugal cara a Xinzo, o corredor A Xironda–Lucenza, posible vía romana secundaria e futuro camiño real. Dende Gralhas e Boticas (Portugal) pasando pola Xironda (cruzando as pontes de Perteiro e do Madeiro) e Lucenza cara a Gundín. Estes corredores perduran na Idade Media, comunicando un territorio moi activo, primeiro baixo o dominio do mosteiro de [[Celanova]] e logo da casa condal de Monterrei. A isto súmase a importancia que empeza a ter o camiño de Santiago e as peregrinacións. Os camiños seguen os itinerarios coñecidos (as antigas vías romanas, logo camiños medievais e camiños reais), o primeiro deles por Feces de Abaixo ata Verín e Monterrei, seguindo as actuais N-532 e N-525, pasando pola agra de Rebordondo collendo A Brea ou Verea ata Lamas; dende alí, na bifurcación da Peneda do Moucho en Penaverde cara a Asás Corvaceiras e virando a Asás Estibadas ; este camiño bifúrcase –aa [[Allariz]] por Xinzo e a Allariz por [[Xunqueira de Ambía]]. O outro vai de Chaves a Aá Xironda, pasando por Seara Velha e [[Vilar de Perdizes]]. Observamos cómo uns núcleos comezan a ter unha relevancia forte no territorio do actual Cualedro: Rebordondo, Penaverde, As Estibadas e, especialmente, Lucenza e A Xironda.
 
==== Rede de camiños ====
Paralelamente a estes grandes eixes vertebradores do territorio, aparece outro viario máis miúdo e capilar que dá resposta ao sistema produtivo desenvolvido polo ser humano: as agras; co fin de preservar a meirande parte da terra para a explotación agrícola, os asentamentos concéntranse orixinando núcleos compactos e densos. Xérase así unha estrutura viaria moi clara: unha rede camiñeira principal que conecta os núcleos, unha rede de accesibilidade ás agras, unha rede de conexión coa agra, e o rueiro dentro dos núcleos. Este sistema chega ata o s. XX case intacto, como observamos no espectacular voo do 59: unhas agras potentes e uns núcleos de bordos limpos, cuns espazos de transición de hortas ou cortiñas. Nos camiños e rúas importantes sitúanse os elementos relevantes da vida cotiá: as igrexas, o forno, as airas, etc. De entre estes elementos, no municipio de Cualedro destacan as fontes, pola súa abundancia e a súa calidade. Toda esta estrutura permanece hoxe en día máis ou menos intacta, dependendo da incidencia das últimas actuacións: as novas infraestruturas viarias e o trazado da concentración parcelaria.
 
==== Estado actual da rede viaria ====
No transcurso do s. XX o rural entra en crise e comeza un proceso de despoboamento e deterioración económica, agravado pola falta de servizos e comunicacións axeitadas. Na segunda metade do século comezan as obras para vertebrar o país. As estradas xerais redimensiónanse e cualifícanse. Este proceso continúa hoxe, completándose a rede viaria (actualmente, [[Plan Director de Infraestruturas de Galicia 2001-2010]]). A rede de estradas está, en xeral, en bo estado e ben dimensionada, aparecendo como punto de oportunidade o no A-52–N-525, en Lamas, por dous motivos: a A-52 como corredor de conexión entre [[Vigo]] ([[porto de Vigo|porto]], [[aeroporto de Peinador|aeroporto]]) e a Meseta; e a inadecuación dos enlaces coas estradas de Verín fai que sexa más cómodo acceder a Verín na saída de Cualedro e a través da N-525 (15 km). Semella un lugar idóneo para colocar unha área de servizo. Por outra banda, a conexión con Portugal a través da CV-315 (Cualedro–A Xironda) é outro punto de oportunidade: reforzar a conexión e interrelación transfronteiriza, recuperando un fluxo tradicional histórico.
 
==== Situación do viario nos núcleos ====
Como dixemos, o sistema tradicional de núcleos e agras presente en Cualedro xera unha estrutura viaria concreta: unha rede camiñeira principal de conexión dos núcleos; unha rede de accesibilidade ás agras; unha rede de conexión coa agra, cuns espazos de transición de hortas ou cortiñas; e o rueiro dentro dos núcleos, de gran riqueza, con múltiples espazos intersticiais. Os camiños vinculados á agra perdéronse en moitos lugares a causa da concentración parcelaria, a contracción da explotación agrícola e o uso do coche. Dentro dos núcleos perdura o rueiro tradicional, aínda que bastante degradado. O uso de pavimentos inadecuados (regos asfálticos ou aglomerados de cemento), e sobre todo a súa execución indebida, xeran graves problemas: os elementos de control das redes de abastecemento de auga e saneamento non son accesibles; aparecen problemas de rasantes –acceso ás vivendas, equipamentos, rúas, etc.; ao tratarse de pavimentos impermeables, a drenaxe de pluviais complícase, agravado polo cubrimento dos sumidoiros con rego asfáltico (ademais, ao existir gando en algúnsnalgúns núcleos, a evacuación faise imposible); perda da calidade ambiental e da riqueza do conxunto; a falta de criterio fixo que se cubrisen de asfalto elementos vexetais de interese (soutos, parras, etc.).
 
==== Viario da concentración parcelaria ====
O proceso físico máis agresivo que sufriu este territorio é a concentración parcelaria. A dureza do seu trazado superponse ao viario preexistente e chega ata os núcleos destruíndo moitos espazos intermedios de interese: lugares a carón de fontes, soutos, hortas, etc. Noutros casos estes elementos comunais elimínanse para colocar vivenda nova apoiándose nas novas vías.
 
==== Transporte público; mobilidade e accesibilidade ====
O transporte colectivo de viaxeiros está garantido en Cualedro. O servizo depende da empresa Villalon S. A., do [[Grupo Castromil]]. A pesar de que as liñas foron reforzadas ultimamente, os sábados e domingos non hai servizo, o que causa un grave problema, dada a dependencia dos núcleos coa capital municipal e Verín. Todos os núcleos están conectados co transporte público en maior ou menor medida. As marquesiñas, de propiedade municipal, son claramente mellorables. As liñas e os horarios non están sinalizados. Dada a debilidade do servizo, faise patente eaa dependencia dos cidadáns do coche ou do taxi (parada en Cualedro), en detrimento da accesibilidade aos servizos (centralizados basicamente na capital municipal ou en Verín) e a mobilidade intramunicipal (núcleos non moi apartados pero escasamente conectados).
 
A accesibilidade do norte do Concelloconcello (As Mercedes, Baldriz) é a todas luces insuficiente: mala conexión por liñas de transporte colectivo, viario de acceso en peores condicionescondicións, pouquidade de servizos dotacionais, etc. Con respecto á accesibilidade extramunicipal, a autovía A-52 coloca aoo Concelloconcello de Cualedro nun lugar privilexiado: conexión Vigo–Meseta (aeroportos, portos); conexión Ourense (conexión con [[Santiago de Compostela]] a través da autoestrada [[AAutoestrada Central Galega|AP-53]], actualmente en construción o treito [[Lalín]]–Ourense); conexión Verín–Chaves (en tramitación a autovíatravés Verín–fronteirada Portuguesa[[A-75]]). É relevante a conexión entre a A-52 e a N-525. A mobilidade extramunicipal é forte dada a dependencia de servizos de Verín, aínda que os movementos Cualedro–Verín por motivos de traballo non semellan os desexables.
 
== Estado e características da edificación ==