Arturo Cuadrado: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Castelao (conversa | contribucións)
m A publicidade do ano 1931 escribe "''Editorial Nike''" (sen til) e tamén "''Publicaciones Nike''"
Liña 5:
Fillo de Arturo Cuadrado, mestre nacional natural de [[Valladolid]], e Mercedes Moure Carollo, que vivía na [[A Agualada, Coristanco|Agualada]]. Logo de casados, trasládanse por cuestións laborais a [[Dénia]], onde residiron algúns anos. Coa morte do pai regresou a [[Galicia]] coa súa nai e irmáns. O seu primeiro traballo foi como vendedor na Casa Segundo García de Arriba, na rúa do Preguntoiro de [[Santiago de Compostela]], onde vendía telas de confección fina.
 
En Compostela participou intensamente na vida cultural, e xunto a [[Xoán Xesús González]] abreu en [[1926]] na rúa da Calderería a barraca-libraría e editorial [[NikéEditorial Nike]], na que o prezo o puña o comprador, e editando a máis de algúns libros a revista vangardista ''[[Resol]]''. Dende 1929 ata a sublevación militar colaborou habitualmente na prensa (''[[El País Gallego (1927)|El País Gallego]]'', ''[[El Pueblo Gallego]]'', ''[[Yunque]]'', ''[[Política]]'' e ''[[El Sol (1917)|El Sol]]'', de Madrid, ou ''[[El Mercantil]]'', de Valencia).
 
O 14 de xullo de 1936 viaxou a Madrid xunto a Castelao e [[Ánxel Casal]] para presentar ante as Cortes o [[Estatuto de Autonomía de Galicia de 1936|Estatuto de Autonomía]] que viña de ser aprobado en referendo polos electores galegos. A sublevación militar sorprendeuno en [[Madrid]]. En [[Valencia]] casou con [[Amparo Alvajar]] e editou o seu primeiro libro de poemas, ''Aviones'', de poesía comprometida; participou activamente nas campañas e mitins de apoio á República desde as páxinas de ''[[Nova Galiza]]'', editada en [[Barcelona]], e na edición de ''[[El Combatiente del Este]]'', con [[Antonio Sánchez Barbudo]], [[Xosé Otero Espasandín]] e [[Rafael Dieste]]. [[Pablo Neruda]] facilitoulle, ao final da guerra, o salvoconduto que lle permitiu pasar de [[Francia]] ao exilio de [[Buenos Aires]].