Libro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Maria zaos (conversa | contribucións)
m →‎O libro electrónico: ligazón con libro electrónico
Etiqueta: edición de código 2017
Lameiro (conversa | contribucións)
*costo -> custo (costo é outra cousa)
Liña 40:
 
=== O libro nos séculos XIX e XX ===
No século XIX o maquinismo derivado da revolución industrial aumentou a produción de libros e abaratou os seus costoscustos. O primeiro invento foi a máquina de papel (1798), que permitía fabricar papel de forma continua. Desde mediados do XIX, ante a suba dos prezos dos trapos, iniciouse a busca dunha nova materia de fabricación, probándose a palla, o esparto etc. A pasta de madeira para a fabricación de papel fíxose pulverizando os troncos (pasta mecánica) ou disolvendo químicamente astelas (pasta química). Nas décadas de 1860 e 1870 xeneralizouse en Europa a pasta mecánica, e na de 1880 a pasta química.
 
O maquinismo afectou tamén á imprenta e polo tanto ó libro. A primeira prensa mecánica que deu resultado foi a ideada polos alemáns Koening e Brauer que funcionaba a vapor e substituíu a primitiva prensa de Gutenberg.