Diferenzas entre revisións de «Gullfaxi»

sen resumo de edición
{{enuso}}
[[Ficheiro:Gullfaxi.jpg|miniatura|O cabalo Gullfaxi]]
'''Gullfaxi''' é, na [[mitoloxía nórdica]], un [[cabalo]] prodixiosamente lixeiro cunha crina áurica ou dourada. Segundo o ''[[Skáldskaparmál]]'' pertencía orixinalmente a [[Hrungnir]] o [[jotun]]. Este último coñeceu ao deus [[Odín]] no mundo de [[Jotunheim]] e, logo dun breve diálogo co deus, afirmou que Gullfaxi era un máis rápido que Sleipnir, a montura de oito patas de Odín. Desafiado, Odín saíu ao galope con Sleipnir e Hrungnir foi na súa persecución con Gullfaxi. Irado, non se deu de conta que chegara ás portas da fortaleza de [[Asgard]], e alí convidárono a beber. Despois de diversas agarradas cos deuses matouno [[Thor (deus)|Thor]] nunha loita a morte e confiou a Gullfaxi a seu fillo Magni como recompensa pola súa axuda na loita contra do xigante, causando a decepción de seu pai, Odín.
 
Gullfaxi é, como outros cabalos fantásticos da mitoloxía nórdica, unha cabalgadura con simbolismo [[Xamanismo|xamánico]], capaz de correr tanto na terra como no ceo e no mar, e mais tamén viaxar entre dous mundos, o de Jotunheim e o de Asgard.
21.392

edicións