Destilación fraccionada: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Procedemento: Arranxos varios
Lameiro (conversa | contribucións)
*escalonadas non nos serve
Liña 11:
 
== Procedemento ==
A columna fraccionadora que se emprega con máis frecuencia é a chamada torre de burbulleo, na que as placas están dispostas horizontalmente, separadas uns centímetros, e os vapores ascendentes soben por unhas [[cápsula]]s de burbulleo a cada placa, onde burbullean a través do líquido. As placas están escalonadasa distintos niveis, de xeito que o líquido flúe de esquerda a dereita nunha placa, logo cae a placa de abaixo e alí flúe de dereita a esquerda. A [[interacción]] entre o líquido e o vapor pode ser incompleta, debido a que pode producirse espuma e arrastre, de forma que parte do líquido sexa transportado polo vapor cara á placa superior. Neste caso, poden ser necesarias cinco placas para facer o traballo de catro placas teóricas, que realizan catro destilacións. Un equivalente barato da torre de burbulleo é a chamada columna apiada, na que o líquido flúe cara abaixo sobre unha pila de aneis de lama ou anaquiños de tubaxe de vidro.
 
A única desvantaxe da destilación fraccionada é que unha gran [[fracción]] (máis ou menos a metade) do destilado condensado debe volver á parte superior da torre e eventualmente debe ferverse outra vez, co cal hai que subministrar máis [[calor]]. Por outra parte, o funcionamento continuo permite grandes aforros de calor, porque o destilado que sae pode ser utilizado para prequentar o material que entra.