Mosteiro de Santa María de Oia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Lameiro (conversa | contribucións)
*escalonadas non nos serve
Liña 48:
[[Ficheiro:Pinturas Oia1.jpg|miniatura|dereita|250px|Pinturas sobre o arco triunfal.]]
 
A igrexa ten planta de cruz latina, composto o brazo principal por tres naves curtas de catro tramos, cun marcado [[cruceiro (arquitectura)|cruceiro]], cuns brazos de dous tramos e a cabeceira composta de cinco capelas rectangulares ede escalonadasdistintas alturas.
 
O interior caracterízase pola simplicidade propia do ideario arquitectónico da [[Orde do Císter]].
 
A nave central é de maiores dimensións que as laterais e cóbrese con bóveda de canón apuntado, que se apoia en arcos simples e de arestas vivas sobre ménsulas prismáticas escalonadas. Os piares compostos en forma de T son de gran groso e apóianse en sinxelos basamentos.
 
As naves laterais cóbrense tamén con bóvedas de canón apuntado, pero perpendicular a bóveda da nave central. Deste xeito os catro tramos das naves laterais comunícanse entre elas por medio de arcos apuntados simples.