Constantine Samuel Rafinesque: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xoio (conversa | contribucións)
arranxiño
m →‎Traxectoria: Arranxos varios, replaced: |thumb| → |miniatura|
Liña 25:
Na súa obra ''Herbarium rafinesquianum'' describiu numerosas novas plantas. Interesouse tamén polas coleccións achegadas pola [[expedición de Lewis e Clark]]. Describiu así varias novas especies incluíndo o [[canciño das praderías]] (''[[Cynomys ludovicianus]]''), o [[rato de patas brancas]] (''[[Peromyscus leucopus]]'') e o [[cervo mulo]] ou [[cervo de cola negra]] (''[[Odocoileus hemionus]]'').
 
[[Ficheiro:Rafinesque.AtlanticJournal.1832-1833..jpg|thumbminiatura|250px|''Atlantic Journal'' (1832-1833).]]
 
Nos libros que publicou entre [[1836]] e [[1838]] propuxo centos de novas [[clase (bioloxía|clases]] e milleiros de novas [[especie]]s (calcúlase que foi o autor de máis de 6 700 [[taxon]]s). A súa propensión a crear en todas as partes novas especies fixo que a [[comunidade científica]] dubidara del. E non sen razóns, xa que, por exemplo, a partir dunha carta onde [[John James Audubon|Audubon]] lle describe un peixe e unha tartaruga pertencentes á [[mitoloxía]], Rafinesque describiu inmediatamente dúas novas especies. As revistas científicas norteamericanas negáronse a publicar os seus artigos, e entón fíxoos aparecer nun diario rexional, a ''Kentucky Gaceta'', ou en dúas publicacións que fundou (''Annals of Nature'', [[1820]], e ''Journal and Friend of Knowledge'', [[1832]]).