Illas Canarias: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
m Desfixéronse as edicións de 79.151.155.139 (conversa); cambiado á última versión feita por Corribot
Etiqueta: Reversión
corrixida unha ligazón morta
Liña 48:
O arquipélago está situado fronte á costa noroeste de [[África]], entre as coordenadas 27º 37' e 29º 25' de [[latitude]] norte e 13º 20' e 18º 10' de [[lonxitude (cartografía)|lonxitude]] oeste, situación que implica unha [[fuso horario|diferenza]] dunha hora entre Canarias e o resto de [[España]]. A illa de Fuerteventura dista uns 95&nbsp;km da costa africana. Con todo, son aproximadamente 1.400&nbsp;km<ref>[http://age.ieg.csic.é/boletin/32/3208.pdf As Illas Canarias, unha rexión illada?]{{Ligazón morta|data=setembro de 2018 }}</ref> os que separan a Canarias do continente europeo. A pesar disto, a cultura das illas é [[Occidente|occidental]], a medio camiño entre Europa e [[Latinoamérica]].
 
As illas, de orixe [[volcán]]ico, son parte da rexión natural da [[Macaronesia]] xunto cos arquipélagos de [[Cabo Verde]], [[Azores]], [[Madeira]] e [[Illas Salvaxes|Salvaxes]]. O seu clima é [[Clima subtropical|subtropical]], aínda que modificado pola altura e a [[vertente]] norte ou sur. Esta variabilidade climática dá lugar a unha gran diversidade biolóxica que, xunto á riqueza paisaxística e [[Xeoloxía|xeolóxica]], xustifica a existencia en Canarias de catro [[parque nacional|parques nacionais]]<ref>[httphttps://www.mmamiteco.gob.es/portales/secciónsred-parques-nacionales/nuestros-parques/default.aspx Lista deNuestros parques nacionais de España]{{Ligazón morta|data=outubro de 2018 }} na web do [[Ministerio de Medio Ambiente de España|Ministerio de Medio Ambiente]].</ref> e que varias illas sexan [[reserva da biosfera|reservas da biosfera]] da [[UNESCO]].<ref>[http://www.unesco.org/mab/BRs/EurBRlist.shtml ] Lista de [[Reserva da Biosfera|Reservas da Biosfera]] en [[Europa]] e [[Norteamérica]] na páxina web da [[UNESCO]]. En inglés.</ref> Estes atractivos naturais, o bo clima e as [[praia]]s fan das illas un importante destino [[turismo|turístico]], sendo visitadas cada ano por preto de 12 millóns de persoas (11&nbsp;986&nbsp;059 en [[2007]], destacando un 29% de [[Gran Bretaña|británicos]], 22% españois peninsulares e un 21% [[Alemaña|alemáns]]).<ref>[http://www.gobiernodecanarias.org/istac/estadisticas/turismo/area_11a_frame.html Páxina web] {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20100829205532/http://www2.gobiernodecanarias.org/istac/estadisticas/turismo/area_11a_frame.html |date=29 de agosto de 2010 }} do [[ISTAC]] sobre entrada de turistas en Canarias.</ref>
 
A capitalidade da comunidade é compartida entre as súas dúas principais cidades: [[Santa Cruz de Tenerife]] e [[As Palmas de Gran Canaria]]<ref>{{Cita web |url=http://www2.gobiernodecanarias.org/tuestatuto/principios_generales.html |título=Estatuto de Autonomía de Canarias na páxina web do Goberno de Canarias |data-acceso=14 de xuño de 2010 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20110120074726/http://www2.gobiernodecanarias.org/tuestatuto/principios_generales.html |dataarquivo=20 de xaneiro de 2011 |urlmorta=si }}</ref>; a sede do Presidente do [[Goberno das Canarias|Goberno autonómico]] alterna entre ambas por períodos lexislativos, sendo a sede do Vicepresidente distinta á do Presidente. O [[Parlamento das Canarias]] está en Santa Cruz de Tenerife, mentres que a sede da [[Delegación do Goberno]] se sitúa nas Palmas de Gran Canaria, existindo ademais unha Subdelegación do Goberno en cada unha das dúas cidades. Así mesmo, hai un equilibrio entre as dúas capitais en canto a consellerías e institucións públicas. Non existen [[deputación]]s provinciais como no resto de [[España]], sendo cada illa gobernada polo seu respectivo [[Cabido insular|Cabido]], excepto as illas e illotes do [[Arquipélago Chinijo]], os cales son gobernados polo [[Cabido de Lanzarote]], e a [[Illa de Lobos]], gobernada polo [[Cabido de Fuerteventura]].