Bamio, Vilagarcía de Arousa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Desfíxose a edición 5328284 de 77.27.204.155 (conversa)
Etiqueta: Desfacer
Liña 18:
[[Ficheiro:Ballotes 2.jpg|miniatura|250px|Pedra dos Ballotes]]
Nesta parroquia atópase a [[Pedra dos Ballotes]]. Trátase dun conxunto [[petróglifo|petroglífico]] con figuras esquemáticas de cervos de gran tamaño.
 
A parroquia de San Xinésde Bamio, situada na marxe sur do esteiro do Ulla, na ría de Arousa tivo unha importante tradición louceira (ou oleira), que está totalmente perdida na actualidade. A aldea de Bamio non tiña barro, así que tiñan que transportalo dende lonxe, de máis de 25 km, dende as barreiras dos fondos mariños da enseada da Toxa.
 
No século XVIII traballaban 17 artesáns. Cada louceiro tiña o seu propio forno. Todos estaban construídos no barrio dos Louceiros ou nas súas proximidades. Múltiples formas en barro saían das rodas de Bamio, na meirande parte pezas da vida cotiá relacionadas coa cociña, a contención de líquidos. A chegada da luz e as mudanzas no sistema culinario, o plástico e as aliaxes, así como a cerámica industrial, remataron con esta tecnoloxía sustentable, adaptada ao medio que se desenvolveu durante séculos. A finais dos anos 40, os derradeiros louceiros de Bamio, como o Sr. Vicente “O Pantalla” ou o “Tintín”, abandonaron o traballo do barro e a súa memoria perdeuse, a diferencia doutras tradicións conservadas ou recuperadas en Galicia (como as de Buño ou Gundivós...).
 
Coñecemos algúns aspectos gracias ao traballo senlleiro de Luciano García Alén, que estudou a tradición louceira de Bamio no conxunto da olería de Galicia e visitou o lugar nos anos 70. Algunhas pezas orixinais saídas dos fornos de Bamio están conservadas en importantes coleccións e museos, como o Museo do Pobo Galego, ou o Museo de Pontevedra. Tamén podemos atopar polas leiras e xardíns de Bamio restos de louza, o pío de amasar o barro e outros elementos.
 
Dende 2016 a Asociación de Mulleres Rurais de Bamio, xunto a Beatriz Comendador, investigadora e profesora da Universidade de Vigo, traballan no proxecto autoxestionado Louceiros de Bamio. A través de documentos históricos, arqueolóxicos e diversas testemuñas, a intención é a recuperación de memoria oral compartida da parroquia de Bamio.
 
== Asociacionismo ==
Bamio conta coa asociación cultural [[Mar de Arousa]] que ten banda de gaitas e grupo de baile.
 
Asociación de Mulleres Rurais de Bamio
 
== Bamio na cultura popular galega ==
* ''Os mozos de Bamio/ prendelos, prendelos;/ van polos camiños,/ parecen carneiros''.
* ''Santo San Xinés de Bamio,/ feito de pau de ameneiro,/ primo carnal dos meus zocos,/ irmán do meu tabaqueiro''.
*''Louceiros de Bamio, do fondo da vila, marchades pra feira, tocando a buguina''.
*''Aldeiña dos louceiros, aldea que todo ten, a igrexa na beira do mar a igrexa na beira do mar e o campanario no mesmo lugar''
 
== Galería de imaxes ==
Liña 56 ⟶ 44:
=== Bibliografía ===
* [[Fermín Bouza Brey|BOUZA BREY, Fermín]]: "Cantigas populares da Arousa", en ''Arquivos do Seminario de Estudos Galegos'' III, 1929, 153-204.
*COMENDADOR, B. 2018. A Pedra do Encanto. Os relatos das vellas pedras. Exposición sobre a historia do conxunto de petróglifos do Salgueiral Vilar, Bamio, Vilagarcía de Arousa. Universidade de Vigo.http://gidep.webs.uvigo.es/wp-content/uploads/2018/11/2018-A-Pedra.pdf
*GARCÍA ALÉN, A. 1980. A alfarería na literatura popular galega. Galaxia. Vigo.
*GARCÍA ALÉN, A. 1983. La alfarería de Galicia. Fundación Pedro Barrié de la Maza, A Coruña.
 
=== Otros catálogos ===
 
*Proxecto Louceiros de Bamio: <nowiki>https://www.facebook.com/LouceirosdeBamio</nowiki>
*Museo Virtual 3D dos Louceiros de Bamio: <nowiki>https://sketchfab.com/proxectolouceirosdebamio</nowiki>
 
=== Outros artigos ===