Contido eliminado Contido engadido
Maria zaos (conversa | contribucións)
Etiqueta: edición de código 2017
Maria zaos (conversa | contribucións)
Nova sección: →‎Ligazóns mortas
Etiqueta: edición de código 2017
Liña 616:
Ola, Vitoriaogando! Parabéns polo traballo e a constancia! Como vai todo? Mira, veño de ler a túa páxina de usuaria e vexo que usas o feminino. Preguntábame se non che importaría configurar o uso dos pronomes femininos na túa conta da Galipedia. Isto faría posible recuperar con seguridade as editoras mulleres da Galipedia para as estatísticas, por exemplo. Que cambiaría? pouca cousa. Únicamente o uso dos pronomes femininos en determinadas mensaxes do sistema e que a tua páxina de usuario pase de ser Usuario:Vitoraogando a ser Usuaria:Vitoriaogando. Se estás disposta non tes más que ir á pestana de preferencias e indicar en información de usuario/internacionalización "Ela edita as páxinas do wiki". Evidentemente é optativo, xa que esta indicación é pública, pero sería de grande axuda para facer visibles as mulleres editoras. Un saúdo.---[[Usuario:Maria zaos|Maria zaos]] ([[Conversa usuario:Maria zaos|conversa]]) 9 de decembro de 2019 ás 23:28 (UTC)
:Graciñas a ti por animarte :). Un saúdo.--[[Usuario:Maria zaos|Maria zaos]] ([[Conversa usuario:Maria zaos|conversa]]) 12 de decembro de 2019 ás 22:48 (UTC)
 
== Ligazóns mortas ==
 
Ola de novo. Estiven vendo que estás a traballar coas ligazóns mortas, que ben!{{Smiley}}. Non dispoño de moito tempo e non reparei en todas, pero vin que algunhas das túas edicións limítanse a retirar a seguinte parte do texto wiki <nowiki>{{ligazón morta}}</nowiki>. Bueno, logo de pelearme moito con elas e sen revisar como o está a facer o bot nos últimos tempos, que me consta que mudou un pouquiño podes comprobar os cambios nas páxinas de conversa de cada artigo), vou compartir o que eu fun aprendendo polo camiño. Ti logo vai facendo as túas probas e mira de aproveitar o que consideres útil:
=== Páxinas marcadas como ligazóns mortas que seguen activas (que si abren)===
#Quitando só ese segmento de código non cambia nada, só a visualización. A próxima vez que o bot pase pola páxina volverá a marcala como marca e é posible, como me pasou a min, que a túa lista de vixilancia semelle a pedra de Sísifo.
#Se a referencia é simple, quere isto dicir, algo como <nowiki>[htttp://www.exemploactivo.org Esta páxina si se abre]</nowiki>o adecuado é usar o [[:Modelo:Cbignore]] para que o bot volva a repartir a operación. Nun tempo moitísimas urls activas nese formato sempre acababan marcadas, polo que o recomendable é
#Aproveitar para darlles formato co modelo de referencia que corresponda, segundo os modelos de citas. Desta maneira é máis probable que a seguinte vez que pase o bot si achegue unha url arquivada desa url que figura, que ao final é o seu obxectivo.
#Mellor aínda, se se ten tempo é arquivar esa url unha mesma, facendo uso das ferramentas indicadas en [[Wikipedia:Ligazóns mortas]] e incluír os campos: dataarquivo=a que indique o servizo que uses; urlarquivo=a url que se arquivou; "urlmorta=non".
=== Páxinas que non están activas (a url non abre nada ou da erro 404)===
#O primeiro é comprobar que non haxa ningún erro tipográfico estúpido e/ou evidente.
#Por veces as urls rotas non son necesarias. Un exemplo:edicións de libros dixitais que ligaban a un texto completo pese a ter copyright. Nestes casos eu formateo a referencia do libro usando o ISBN e a inserción de cita automática. Que fai isto? Liga coa ficha do libro no Worldcat que é unha fonte máis que correcta. Por veces aparecen edicións en papel con estas ligazóns. Un libro en papel non as precisa, pero o método indicado antes tampouco estaría de máis.
#Bueno, como se indica en [[Wikipedia:Ligazóns mortas]] podes facer buscas en Google ou directamente nos servizos de arquivo. Eu, por practicidade, uso unha extensión de Firefox que se chama Resurrect Pages. Non é ningunha marabilla, pero ao xenerar un menú contextual que permite varias opcións de busca, penso que aforras un tempiño. Unha vez localizada a url arquivada pasarías ao paso 4 indicado arriba, agás que neste caso o campo "urlmorta" debe ir seguida de =si (porque a orixinal xa non funciona). Esta diferenza é importante porque muda a visualización entre uns casos e outros.
#Que pasa se non atopas a páxina que buscas? Bueno, é o máis desesperante, pero deberías buscar unha fonte alternativa que apoie do mesmo modo a información a que a cita orixinal acompañaba. Se é un xornal, buscar esa información noutros da mesma data etc. En ningún caso debes, co teu traballo alterar inxustificadamente o criterio de verificabilidade. Se se falaba de verde non valería unha web que fala do vermello, poñamos.
#E se xa fixen de todo e non hai maneira? Bueno, como moitos artigos son traducións, podes ir ao artigo da lingua orixinal e mirar como resolveron alí (case sempre están mortas alí tamén, pero...). Se isto non o resolve, pois non queda máis que cambiar o <nowiki>{{ligazón morta}}</nowiki> por <nowiki>{{Ligazón morta|intento-arranxo=si}}</nowiki>.
 
E o máis importante: ningunha referencia pode borrarse polo único feito de ter un marcador de ligazón morta.
Seguro que hai máis truquiños que eu aínda non descubrín, pero se podo ser de axuda, non dubides en escribirme na páxina de conversa. O texto quedoume longo, e pode que xa souberas e fixeras moitas destas cousas, como dixen, pero queda aí tamén para outras persoas que un día decidan poñerse a traballar nisto. Ánimo e a seguir! .--[[Usuario:Maria zaos|Maria zaos]] ([[Conversa usuario:Maria zaos|conversa]]) 12 de decembro de 2019 ás 23:33 (UTC)