Pétalo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Notas: Arranxos varios +cda
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 17:
 
== Cor dos pétalos ==
A cor dos pétalos resulta da presenza de [[pigmento]]s. En moitas flores as células presentan [[cromoplasto]]s con pigmentos carotenoides (vermellos, alaranxados, amarelos). Os pigmentos máis importantes son os [[flavonoide]]s, principalmente [[antocianina]]s, que se atopan disoltos no mollo celular; os pigmentos básicos son [[pelargonidina]] (vermello), [[cianidina]] (violeta), e [[delfinidina]] (azul), os [[flavonolesflavonol|flavonois]] (amarelos ou cor marfil). A cor dos pigmentos antociánicos depende do [[pH]] do mollo celular: en ''[[Brunfelsia australis]]'' (azucena do monte) as flores son violáceas, ao envellecer vólvense brancas por un cambio no pH.
 
A cor branca de moitas flores, por exemplo ''[[Magnolia grandiflora]]'', débese ao fenómeno de [[Reflexión (física)|reflexión]] total da luz. Os pétalos poden presentar espazos de aire en posición subepidérmica ou unha capa de células con abundantes grans de [[amidón]], e en ambos os casos a luz reflíctese. As cores escuras, débense a unha absorción total da luz operada por pigmentos complementarios. En ''[[Tulipa gesneriana]]'' (tulipán negro) hai antocianina azul nas células epidérmicas e caroteno amarelo nas subepidérmicas.