Vésperas sicilianas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
de un > dun
m →‎Evolución posterior: Carlos V, Sacro Emperador Romano-Xermánico
Liña 69:
A guerra enrte os sicilianos e aragoneses contra os anxevinos proseguiu tras as mortes de [[Carlos I de Sicilia|Carlos I de Anjou]] e de [[Pedro III de Aragón|Pedro I de Sicilia]]. Tras o falecemento de [[Carlos de Anjou|Carlos I]] en xaneiro de [[1285]] e de [[Pedro III de Aragón]] en novembro dese mesmo ano, o reino de Sicilia dividiuse en dúas partes de forma permanente (''Regnum Siciliae ultra farum'', Sicilia, e ''Regnum Siciliae citra farum'', Nápoles). Pero como ambos os reis e os seus sucesores intitulábanse como rei de Sicilia, para distinguilos emprégase ''rei de Nápoles'' para o da parte continental, e ''rei de Sicilia'' para o da parte insular, tamén coñecido como ''rei de Trinacria''.<ref>José María de Francisco Olmos (2003): [http://revistas.ucm.es/byd/11321873/articulos/RGID0303120057A.PDF ''El «Coronato» napolitano. Una moneda documental y propagandística.''] {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20160924122520/http://revistas.ucm.es/byd/11321873/articulos/RGID0303120057A.PDF |date=24 de setembro de 2016 }} ''Revista General de Información y Documentación'', Vol. 13, núm. 1. Universidad Complutense de Madrid, páx. 58.</ref><ref>John Platts (1825): [http://books.google.es/books?id=jeFHAAAAMAAJ&pg=PA473&vq=&lr=&as_brr=3&source=gbs_search_s&cad=0 ''A universal biography: chronologically arranged...'']. Sherwood, Jones & Co., Vol. 3, páx. 473.</ref><ref>Gaetano Moroni (1854): [http://books.google.es/books?id=iL1DAAAAIAAJ&pg=PA199&vq=&as_brr=3&source=gbs_search_s&cad=0 ''Dizionario di erudizione storico-ecclesiastica''.] Vol. XLV, páx. 199.</ref>
 
A contenda foi sostida polos seus herdeiros [[Carlos V, Sacro Emperador Romano-Xermánico|Carlos II de Sicilia]] (1285-1309), pola parte anxevina, e [[Afonso III de Aragón|Afonso III]] e [[Xaime II de Aragón|Xaime II]] pola aragonesa. Finalmente, tras o esgotamento do exército anxevino, asinouse en [[1302]] a [[paz de Caltabellota]], que supuxo a independencia de Sicilia baixo o goberno de [[Federico II de Sicilia]], irmán de [[Xaime II de Aragón]]. Nápoles permaneceu en mans da dinastía [[Anjou|anxevina]].
Os conflitos entre os Reinos de Sicilia e Nápoles foron constantes até que foi elixido papa [[Bieito XII, papa|Benedito XII]] en [[1334]], que tiña relacións de amizade con Federico II de Sicilia, e que lle prometeu respecto na Santa Sede en Trinacria. En ningún momento os nobres sicilianos aceptaron a vinculación co resto dos dominios da [[coroa de Aragón]], fóra da unión persoal co soberano, como demostra o Parlamento de [[1413]], que exixiu que o rei ou, no seu defecto, o príncipe herdeiro, puidese ser coroado en [[Palermo]] "como rei principal e afastado sen ter dependencia de ningunha outra parte" (''"comu re princhipali et appartatu senza haviri dependencia de altra parte"''). Para corresponder a estas exixencias, creouse a figura do ''vigairo'' (vicerrei), un ''alter-ego'' do propio rei que permitía desdobrar a súa personalidade, sendo o primeiro deles o [[infante]] [[Xoán II de Aragón|Xoán]], duque de Peñafiel, nomeado en [[1415]]. Pero esta medida non acabou de convencer ao Parlamento, que resolveu en [[1416]] aclamar a [[Xoán II de Aragón|Xoán]] como rei, pero este rexeitou o posto. Para evitar un conflito maior, [[Afonso V de Aragón|Afonso V]] chantou a súa corte en [[Sicilia]], convocou novamente o Parlamento e recibiu o xuramento dos sicilianos: quedaba así establecida a desexada ''unión persoal'' de Sicilia ao rei, non á [[coroa de Aragón]]. De feito, Sicilia nunca se sentiu integrada na coroa de Aragón, sendo bastantes as revoltas que se orixinaron pola nunca aceptada presenza de nobres da coroa aragonesa na illa.