Antonio Pérez Dávila: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0
Liña 13:
O [[31 de marzo]] de [[1877]], no Liceo de Santo Agostiño, foi elixido membro da primeira xunta directiva da acabada de crear [[Liga de Contribuíntes de Santiago]], baixo a presidencia do [[Manuel Calderón-de la Barca Herce|Marqués de Algara de Gres]]<ref>''[[El Diario de Santiago]]'', 6-4-1877.</ref>, e que aglutinaba boa parte da burguesía compostelá máis podente. Nestes anos finais da década dos 70, participaba da vida social compostelá, acudindo ao Casino de Santiago a miúdo, onde adoitaba a cantar para os socios cunha voz de barítono, e vivía das rendas das súas propiedades.
 
Trasladouse á Coruña en torno a [[1880]]<ref>''[[Gaceta de Galicia]]'', 15-12-1881, p. 3.</ref>. Cabe salientar que, nunha propiedade que arrendou a Luciano Puga Blanco<ref>''Gaceta de Galicia'', 22-5-1885, p. 1.</ref>, na chamada Orta do Xeneral ou Orta Grande, situada no actual barrio coruñés de Monelos, ao carón da estrada a Santiago e da estación de ferrocarril, deu pulo Pérez Dávila en torno a [[1883]] a un xeito de granxa experimental<ref>''[[Escenas Contemporáneas]]'', 15-6-1884, pp. 425-428.</ref>, que foi o xermolo da "[[Granxa Agrícola Experimental de Monelos]]" (que desenvolveu a súa actividade entre [[1888]] e [[1964]])<ref>[http://histagra.usc.es/web/uploads/publications/file/4fdb16917713d-binder1.pdf "A Granxa Agrícola Experimental de Galicia (1888-1964)"] {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20160304221903/http://histagra.usc.es/web/uploads/publications/file/4fdb16917713d-binder1.pdf |date=04 de marzo de 2016 }}, folleto editado polo Concello da Coruña e a Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia, correspondente á exposición homónima comisariada por Lorenzo Fernández Prieto e Xosé A. Fraga Vázquez.</ref>. Estes traballos agrícolas valéronlle a concesión en [[1884]] da consideración de "socio de mérito" pola [[Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago]]<ref>''[[Revista de la Sociedad Económica de Amigos del País de Santiago]]'', nº 31, 31-8-1884, p. 6.</ref>. Tamén aproveitounos para abrir unha sucursal do ilerdense "Gran Establecimiento de Arboricultura y Floricultura", no número 24 do [[Cantón Grande]] da Coruña, no que comerciaba coas especies vexetais que cultivaba<ref>''Gaceta de Galicia'', 12-1-1885, p. 4, nun anuncio.</ref>, e pouco despois outra sucursal no número 81 da Rúa do Vilar en Santiago de Compostela<ref>''Gaceta de Galicia'', 19-12-1885, p. 3, nun anuncio.</ref>.
 
Foi alcalde conservador da cidade da Coruña en dúas ocasións. A primeira, por nomeamento de finais do mes de xuño de [[1891]]<ref>''Gaceta de Galicia'', 26-6-1891, p. 3.</ref>, foi substituíndo ao alcalde [[José Marchesi Dalmau|Marchesi]] o [[1 de xullo]]. Non obstante, Pérez Dávila protestou a constitución do novo Consistorio porque non se fixeran eleccións para designar a unha boa parte do Consistorio<ref>''[[El Eco de Galicia (Lugo)]]'', 4-7-1891, p. 3.</ref>. Era nese intre o único conservador nun concello composto de liberais e republicanos, e con eles tivo que compoñer o novo goberno. En setembro recibiu un voto de censura polo seu comportamento durante o enterro do alcalde [[Federico Tapia]], onde o Arcebispo de Santiago, [[José María Martín de Herrera]], e el mesmo foron apupados pola multitude, logo que se lle reprochaba ser un alcalde imposto e de orixe santiaguesa. Durante este mandato propúxose o establecemento dunha rede de tranvías movidos por forza animal que unira o balneario de [[Praia de Riazor|Riazor]], a estrada xeral e a estación de ferrocarril<ref>''La Coruña vista desde sus libros de actas'', de José María Fernández Carmaño, p. 243.</ref>. O [[26 de setembro]] de [[1892]] se constituíu un novo Consistorio, novamente presidido por Pérez Dávila<ref>''id'', José María Fernández Carmaño, p. 244.</ref>, que durou moi pouco, xa que o [[2 de xaneiro]] do ano seguinte presentou a súa renuncia perante o [[Gobernador civil]] da provincia, delegando o goberno no Tenente de Alcalde 1º, [[Ramón Cerviño]], ata a toma de posesión do novo alcalde que produciuse o [[10 de xaneiro]] na figura de [[José Soto González]].