Pastorela: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
Dinís
m arranxos e lig. internas
Liña 1:
[[Ficheiro:William-Adolphe Bouguereau (1825-1905) - The Shepherdess (1889).jpg|miniatura|dereita|Unha pastora]]
 
A '''pastorela''' é un [[xénero literario|subxénero]] da lírica moi cultivado en [[Francia]] e [[Provenza]]. Consiste nunha composición amorosa que alude ó encontro dun cabaleiro<ref>[[Henrique Monteagudo]] et al. ''Tres poetas medievais da Ría de Vigo: Matín Códax, Mendiño e Johán de Cangas''. Galaxia, 1998, páxina 39</ref> cunha pastora. O fundamental da peza é o [[diálogo]] amoroso, nunha paisaxe primaveral (medio bucólico), que comeza o personaxe masculino e ao que resposta a pastora. Ela pode sucumbir ao pastor, "vencelo" no diálogo, ou ser rescatada por outros pastores. Representa as posibilidades do amor entre un nobre e unha vilá, polo que está fóra do código do amor cortés. No ámbito galego-portugués conservamosconsérvanse oito textos que adoptaron elementos da cantiga de amor ou da de amigo, dando lugar a unha forma híbrida.
 
== Historia e características ==
== Orixe ==
 
=== Orixe ===
[[Ficheiro:Marcabru - BN MS fr 12473.jpg|miniatura|150px|[[Marcabru]], nun libro manuscrito]]
O xénero creouno [[Marcabrú]]<ref>Ruben Charles Cholakian ''The troubadour lyric: a psychocritical reading''. Manchester University Press, 1990, páxina 156</ref>, [[literatura occitana|poeta occitano]] da primeira metade do século XII, na lírica occitana coñécese como ''pastorella'', e foi frecuente na [[lírica de Oil]] do [[século XIII]], pasando moi pronto á [[trobadorismo|lírica galego-portuguesa]] medieval.
 
=== Pastorelas galego-portuguesas ===
Consérvanse unhas 25 pastorelas en [[lingua occitana|occitano]], 150 en [[lingua francesa|francés]] e 7 en [[lingua galego-portuguesa|galego-portugués]]<ref>[[Carlos Alvar]] e [[Vicente Beltrán]], ''Antología de la poesía gallego-portuguesa'', Alhambra, 1989, páxina 43</ref>. Os autores que escribiron pastorelas en [[lingua galego-portuguesa|galego-portugués]] foron [[Pedro Amigo de Sevilha]], [[Johan Airas]], [[Johan Perez de Aboim]], [[Airas Nunes]] e [[Don Dinís]] (deste último consérvanse tres). O xénero foi importado no último terzo do século XIII, mais non callou ben na nosa lírica e presenta moitas hibridacións coa [[cantiga de amigo]] e [[cantiga de amor|de amor]]. A pastorela galaico-portuguesa prescinde do diálogo entre cabaleiro e pastora, e limítase a presentar o soliloquio da pastora, razón pola cal ás veces se presenta como un subxénero da [[cantiga de amigo]].