Anglicismo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Exemplos: Arranxos varios + cda
Ogaiago (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
Os '''anglicismos''' son estruturas ou termos provenientes do [[Lingua inglesa|inglés]] ou en menor medida de linguas da súa familia que se usan nunha [[lingua]] diferente. á súa.Están Adóitansemoi darespallados en acepciónscase referidastodas aas deportes,linguas ouvivas ae conceptosadoitan técnicos,concorrer comocon nanumerosos [[informática]].neoloxismos Ae linguatecnicismos inglesade posúe[[Campo unsemántico|campo gransemánticos]] númeromodernos decomo o [[tecnicismosdeporte]], quea (por economía lingüística[[informática]], pora falta de enxeño para inventar unha nova palabra, por moda[[tecnoloxía]] ou outraso razóns)[[Mercado sede tomantraballo|mercado coma [[empréstimolaboral]]s.
 
==Anglicismos lexicais==
==Exemplos==
En [[Lingua galega|galego]], algúns anglicismos están completamente incorporados ao [[Vocabulario|léxico]]. Son os que apareceron para nomear conceptos novos ou descoñecidos para realidade galega do seu momento (por exemplo ''bisté'', ''drenaxe'', ''folclore'', ''mitin'', ''tícket'', ''túnel'' ou ''xampú''), máis ou menos adaptados ortograficamente. As circunstancias da súa presenza na lingua son equiparables ás doutros préstamos ao longo da historia como ''avalancha'', ''guerra'', ''albanel'' ou ''tortilla'' (do [[Lingua francesa|francés]], [[Linguas xermánicas|alemán]], [[Árabe andalusí|árabe]] e [[Lingua castelá|castelán]] respectivamente).
* ''Míster'': Adestrador
 
* ''Córner'': Saque de esquina
Tamén son anglicismos [[Calco léxico|calcos]] como [[baloncesto]], [[Rato (informática)|rato]], [[rañaceos]], autoservizo, [[Esquí de fondo|campo a través]], [[hora punta]] ou [[pano de aceiro]].
* ''Cárter''
 
* ''[[Fonemática]]'': [[Fonoloxía]]
Hai moitos outros, de incorporación máis recente, considerados prescindibles por contaren con alternativas propias, como ''párking'' (aparcadoiro ou aparcamento), ''hobby'' (afección ou pasatempo) ou ''show'' (espectáculo). Son de uso frecuente, por economía lingüística, por falta de enxeño para inventar unha nova palabra, ou por moda, entre outras razóns.
 
Denantes xa da globalización, téñense rexistrado certos anglicismos, especialmente nas [[Rías Baixas]] e outras zonas costeiras, introducidos polo contacto entre mariñeiros, que, con distintos graos de penetración na fala, pasaron a convivir cos seus sinónimos autóctonos. Algúns exemplos son bruso (cepillo, de ''brush''), piche (alcatrán ou petróleo, de ''pitch'') ou canivete (navalla pequena, de ''knife'').
 
==Anglicismos sintácticos==
Canto á [[gramática]], vénse apreciando un uso do [[xerundio]] consonte os esquemas [[Sintaxe|sintácticos]] do inglés que é alleo á tradición en galego. Por exemplo:
 
''Un uso do xerundio seguindo a lóxica do inglés'' no canto de ''Un uso do xerundio que segue a lóxica do inglés.''
 
''Adestrou moito, proclamándose campioa olímpica en Río 2016'' en troques de ''Adestrou moito e proclamouse campioa olímpica en Río 2016.''
 
''Cómpre encher as casas do formulario, entregándoo asinado antes do venres'' no canto de ''Cómpre encher as casas do formulario e entregalo asinado antes do venres.''
 
Tamén se considera un anglicismo sintáctico pouco natural o abuso da pasiva analítica, moi frecuente na escrita, no canto da pasiva reflexa ou da voz activa. Por exemplo:
 
''Proclamouse campioa olímpica'' mellor ca ''Foi proclamada campioa olímpica''.
 
''Nesta lexislatura aprbáronse leis mois importantes'', mellor ca ''Nesta lexislatura foron aprobadas leis moi importantes''.
 
''As pastillas amolentáronlle a febre'' ou ''A febre amolentoulle coas pastillas'' mellor ca ''A febre foille amolentada coas/polas pastillas''.
<br />
 
{{Control de autoridades}}