Eduardo Blanco Amor: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 31:
Outra obra que tivo gran repercusión foi o libro de relatos ''[[Os biosbardos]]'' (1962), relatos en primeira persoa con protagonista e narrador infantil distinto en cada conto. A súa última etapa foi moi fecunda, a pesar de ser postergado pola cultura oficial: en [[1970]] alumeou unha nova edición d' ''A esmorga'', e en [[1972]] apareceu a extensa novela ''Xente ao lonxe'', onde a través dos avatares que lle ocorren a unha familia de clase obreira, retrata a sociedade urbana, moi estratificada, do [[Ourense]] de principios de século.
 
{{Cita centrada|''Calquera que se pona a pescudar no xa "bailado" da súa vida, atoparáse con que o pasado e a súa prolongación ou penetración no soñado, componen un tecido indiscriminábel no que as esperencias e as figuracións valen por igual no total resultado subxetivo do esistir; e si é escritor de novelas ou de poemas, na súa proieción conxunta no cerne da obra e as veces na forma''.|autor="Prólogo útil" de ''Xente ao lonxe'', publicado tamén en: {{Cita publicación periódica |ligazónautor=Eduardo Blanco Amor |apelidos=Blanco-Amor |nome=Eduardo |título=Prólogo útil |url=http://www.cervantesvirtual.com/descargaPdf/num-35-1972/ |revista=Grial |número=35 |páxinas=39-51 |ano=1972 |issn=0017-4181}}}}
 
Moitas das súas obras narrativas (''A Esmorga'', ''Xente ao lonxe'', ''Os biosbardos'') desenvólvense nunha cidade ficticia, Auria, transposición literaria do seu [[Ourense]] natal.<ref>{{Cita web |título=Eduardo Blanco Amor, la novela de Orense |url=https://www.abc.es/cultura/cultural/abci-eduardo-blanco-amor-novela-orense-201806290116_noticia.html |xornal=ABC |data=28/6/2018 |data-acceso=25/8/2019 |lingua=es |apelidos=Pozuelo Yvancos |nome=José María}}</ref> Os críticos literarios encontraron nas súas ficcións ecos de autores como [[Ramón María del Valle-Inclán|Valle-Inclán]] ou [[José Maria Eça de Queirós|Eça de Queirós]], constitúe un dos grandes fitos na renovación da narrativa galega e está considerado un dos grandes narradores galegos da posguerra.<ref>{{Cita web|título=Biografia de Eduardo Blanco Amor|url=https://www.biografiasyvidas.com/biografia/b/blanco_amor.htm|páxina-web=www.biografiasyvidas.com |data-acceso=25/8/2019 |lingua=es}}</ref>