Parque Natural do Delta do Ebro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Eliminouse a referencia ó ficheiro "Parc_Natural_del_Delta_de_l'Ebre.svg" que foi borrado en Commons por Christian Ferrer. Motivo: Copyright violation, see c:Commons:Licensing : logos -
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 10:
==Hábitats==
===Arrozais===
No Delta do Ebro existen unhas 22.000 hectáreas de arrozais. Creando, este cultivo, un lugar idóneo de refuxio, alimento e cría para moitas aves acuáticas. Algunhas das aves máis comúns son as [[Pernalonga|pernaslongas]], a [[perdiz dedo mar]] ou o [[mazarico negro]]. Tamén son frecuentes aves das familias [[Ardeidae]], [[Laridae]] ou [[Sternidae]].
A presenza das aves nos arrozais tamén causa danos ó cultivo. Así, por exemplo o [[Flamengo]] pisa a planta e ocasiona grandes perdas. Mediante a vixilancia, a espantada de aves e as axudas económicas reducíronse os danos económicos. Outra ave que pode ocasionar danos nos arrozais é o [[Camón]], neste caso por alimentarse directamente da planta do [[arroz]]; sendo este un fenómeno habitual en toda a costa mediterránea. Algunhas medidas que teñen mitigado o problema
foron a separación natural dos arrozais das canaveiras por balsas de auga salgada, o peche das leiras afectadas por tendidos eléctricos ou a realización de fotografía aérea para acadar unha mellor peritaxe.<ref>«El conflicto entre el calamón y la agricultura del arroz». Revista Quercus, Cuaderno 333, Novembro 2013 {{es}}.</ref>