Páxina en Meta: m:User:CommonsDelinker

Peticións de permisos
Este bot debería estar activo na maioría dos proxectos Wikimedia actualmente. Lista completa.
Contacto ao operador

CommonsDelinker, escrito por Orgullomoore, Siebrand, Bryan e mantido por Siebrand, é un servizo levado ás wikis locais polos administradores de Wikimedia Commons co propósito de incrementar a cooperación entre wikis e previr que aparezan ligazóns a imaxes en vermello tras ser eliminadas en Commons. CommonsDelinker é semellante e comparte obxectivos con CommonsTicker, pero non é un reemprazo do mesmo. CommonsTicker e a desligazón manual por parte das comunidades locais sempre é o método preferido, xa que permite non só a eliminación das ligazóns a imaxes eliminadas, senón tamén o reemprazo das mesmas por outras libres antes da eliminación da imaxe (e por suposto hai situacións que CommonsDelinker non pode solucionar). De todos modos, Wikimedia Commons non pode esperar máis que o período de tempo habitual para o borrado das comunidades para actuar de acordo coas mensaxes de CommonsTicker - e as comunidades locais merecen algo mellor que ligazóns en vermello nese caso. Esa é a razón pola que CommonsDelinker entra no proceso só despois do borrado dun arquivo en Commons.

Como funciona editar

O bot comproba periódicamente o rexistro de eliminacións de Commons e por cada arquivo eliminado que deixe orfa por defecto[1], fará o seguinte:

  • O bot espera dez minutos para dar ao administrador que borra o arquivo tempo para notificar calquera error que poida ter cometido.
  • O bot consulta CheckUsage. Se a imaxe "Foobar.jpg" fose eliminada, por exemplo, o bot retornaría. [1]
  • Para cada instancia retornada por CheckUsage:
  • Descarga a versión actual desa páxina (exemplo: http://en.wikipedia.org/wiki/Special:Export/Foobar).
  • Busca e elimina (ou substitúe) calquera instancia da imaxe eliminada (exemplo: [[Image:Foobar.jpg]], [[Image:Foobar.jpg|descrición|outros|parámetros]], <gallery>Image:Foobar.jpg</gallery>) no caso de que non haxa copia local da imaxe nunha wiki en particular.
  • O bot garda a páxina cun sumario de edición en inglés por defecto. A mensaxe do sumario de edición pode ser sobreescrita creando unha sub-páxina do bot.

Sumario de edicións editar

O sumario de edicións do bot pode ser traducido vía a sub-páxina m:User:CommonsDelinker/summary-I18n para as eliminacións de imaxes ou m:User:CommonsDelinker/replace-I18n para os remprazos de imaxes. Nota: A sub-páxina debe ser creada na wiki na que vai ser editada, non en Meta. O sumario de eliminacións en inglés, por exemplo, está en en:User:CommonsDelinker/summary-I18n. Se un sumario de edicións non está dispoñible e a wiki non e unha Wikipedia, o bot buscará primeiro un sumario de edicións nunha Wikipedia que teña unha linguaxe semellante, antes de buscar o sumario por defecto.

É recomendable protexer contra a escritura destas sub-páxinas nunha fase posterior na que o bot estea en funcionamento para previr o vandalismo destas mensaxes.

Modificación do sumario editar

Os sumarios de edicións do bot incorporan a beleza colaborativa das wikis. As wikis individuais deberían sentirse libre non só de traducir o sumario de edición, senón de modificalo, modificar o seu estilo, engadir ligazóns, etc. Só hai que ter en conta estas variables (todas son opcionais e poden aparecer en calquera posición do sumario e calquera número de veces):

Eliminacións editar

  • $1 - Nome do arquivo eliminado en Commons. Non inclúe o prefixo "Image:"
  • $2 - Nome de usuario do administrador que eliminou a imaxe en Commons que se está a desligar.
  • $3 - Os comentarios/sumario/razóns dadas polo administrador de Commons.

Reemprazos editar

  • $1 - Nome do arquivo orixinal
  • $2 - Novo nome de arquivo
  • $3 - Administrador que reportou o reemprazo (se está dispoñible).
  • $4 - A razón que deu o administrador (se está dispoñible).

Comentarios, suxestións, queixas, etc. editar

As peticións, reportes de fallos e comentarios sobre este bot poden facerse en commons-delinquent/issues

Fontes editar

A fonte de CommonsDelinker atópase dispoñible baixo os termos da licenza MIT no repositorio pywikipedia . O manual de operador máis recente atópase aquí. Unha copia pódese atopar en m:User:CommonsDelinker/For operators.

Notas editar

  1. Se o sumario de eliminación contén a cadea "no-orgullobot", a imaxe non quedará orfa.