Álvaro Cunqueiro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 20:
Durante a [[Segunda República Española|Segunda República]] falou nun mitin en [[Ribadeo]] da Organización Republicana Gallega Autónoma ([[Organización Republicana Gallega Autónoma|ORGA]]) e afiliouse ao [[Partido Galeguista (histórico)|Partido Galeguista]]. En 1932 coñeceu a [[Federico García Lorca]] e librou do [[servizo militar]] por estreito de peito.<ref name=":3" /> A [[Golpe de Estado do 18 de xullo de 1936|sublevación dos militares]] sorprendeu a Cunqueiro en [[Mondoñedo]], e por influencia da súa familia, moi conservadora, non foi obxecto de represalias e conseguiu praza de profesor nunha escola privada en [[Ortigueira]], á que chegou en [[outubro]] de [[1936]] por consello dun amigo.<ref name=":1" /> Militou na [[Falange Española]] (desde 1937) durante a [[Guerra civil española|guerra civil]] tendo o cargo de xefe de Prensa e Propaganda comarcal. [[Jesús Suevos]], o xefe territorial da Falanxe en Galicia e director de ''[[El Pueblo Gallego]]'' pediulle en 1937 que entrase na redacción do xornal, aceptou e marchou para [[Vigo]]. Durante esa estadía en Vigo tamén ensinou, durante un curto período de tempo, [[lingua portuguesa]] no instituto da cidade.
 
En novembro de [[1938]] fixou a súa residencia en [[Donostia]] e cando a [[Batalla de Madrid|ocupación de Madrid polo exército franquista]], Cunqueiro estableceuse alí o [[29 de marzo]]. Un desagradábel incidente co embaixador francés truncou a súa carreira de xornalista. O escritor incumpriu o seu compromiso de escribir uns artigos sobre o [[Camiño de Santiago]], logo de ter percibido por iso unha cantidade.<ref name=":1" /> A retirada do carné profesional en 1944, imposta como sanción, puxo freo ao que viña sendo desde algúns anos o seu medio de vida.<ref>{{Cita web |título=Álvaro Cunqueiro |url=https://www.aelg.gal/Centrodoc/GetAuthorById.do?id=autor407 |editorial=[[Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega|AELG]] |data-acceso=22/7/2019}}</ref> Volveu a Mondoñedo en [[1947]] e produciuse un afastamento do pensamento franquista. A partir de [[1960]] exerceexerceu como cronista oficial de Mondoñedo e ó ano seguinte estableceuse en Vigo, traballando para ''[[Faro de Vigo]]''. O [[23 de abril]] de [[1961]] a [[Real Academia Galega]] elixiuno como académico de número por 23 votos a favor, 6 abstencións e 1 en contra, e leu o seu discurso de ingreso, "Tesouros novos e vellos", dous anos despois. Foi proposto por: Ricardo Carballo Calero, Domingo García-Sabell Rivas, [[Aquilino Iglesia Alvariño]] e [[Ramón Otero Pedrayo]].<ref>{{Cita web|título=Membros da Academia - Plenario - Real Academia Galega |url=https://academia.gal/plenario?p_p_id=ManageChairs_WAR_ragportal&p_p_lifecycle=0&p_p_state=normal&p_p_mode=view&p_p_col_id=column-1&p_p_col_count=1&_ManageChairs_WAR_ragportal_action=showAcademic&_ManageChairs_WAR_ragportal_selLetter=C&_ManageChairs_WAR_ragportal_id=217 |páxina-web=academia.gal |data-acceso=23/7/2019}}</ref>
[[Ficheiro:Cunqueiro, Fernández del Riego e Carballo Calero en Santiago de Compostela.jpg|miniatura|esquerda|Cunqueiro, [[Francisco Fernández del Riego|Fernández del Riego]] e [[Ricardo Carballo Calero|Carballo Calero]] en [[Santiago de Compostela|Compostela]] nos anos trinta.]]
O primeiro Cunqueiro foi fundamentalmente poeta e despois da guerra civil española dedicouse sobre todo á narrativa e ao xornalismo. Foi un escritor polifacético e a súa extensa obra literaria abrangue os eidos xornalístico, poético, narrativo e teatral, sen esquecer os seus traballos de tradución. Segundo o ''[[Diccionario da literatura galega]]'':{{Sfn|Vilavedra|1995|p=160-161}}