Nicolás Salmerón: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Restauración da Monarquía: Arranxos varios, replaced: <br /> → <br/>
Liña 32:
== Restauración da Monarquía ==
{{Artigo principal|Restauración borbónica en España}}[[Ficheiro:Estatua Nicolas Salmeron centro Almeria.jpg|miniatura|200px|dereita|Estatua de Nicolás Salmerón en [[Almería]]]]
No [[1874]] regresa a súa cátedra de Metafísica, pero coa Restauración borbónica verase privado da praza o [[17 de xullo]] de [[1875]] nun amplo proceso de depuración universitaria. Aínda que tratou de manter un despacho de avogados en [[Madrid]], a situación obrigouno a partír cara o exilio en [[París]], onde xunto a [[Manuel Ruiz Zorrilla]] fundou o [[Partido Republicano Progresista (1880)|Partido Republicano Progresista]]. Non volveu a España ata [[1885]], trala amnistía de [[Práxedes Mateo Sagasta]] de [[1881]], e puido recuperar a súa cátedra. Foi de novo deputado no [[1886]] e despois ininterrompidamente de [[1893]], integrado na coalición [[Unión Republicana (España 1893)|Unión Republicana]], ata [[1907]].
 
Finou en [[Pau, Francia|Pau]], [[Francia]] o [[20 de setembro]] de [[1908]], mentres estaba de vacacións. No ano [[1915]] trasladaron os seus restos ó monumento funerario levantado no cemiterio civil de Madrid, á dereita do mausoleo de Pi i Margall, o seu predecesor na presidencia da [[Primeira República Española|República]]. No seu epitafio aparece unha glosa realizada por [[Georges Clemenceau]] (primeiro ministro francés de [[1907]] a [[1912]]), e recordase que ''deixou o poder por non asinar unha sentenza de morte''.