Cibrán de Cartago: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución da categoría "Venerados polas Igrexas Ortodoxas" pola categoría "Venerados polas igrexas ortodoxas"
Lles (conversa | contribucións)
m https://academia.gal/dicionario/-/termo/busca/grande
Liña 52:
 
== Pensamento ==
Cibrán non abordou a especulación nin se elevou ata grandes tratados doutrinais, os seus escritos están ateigados de preocupacións prácticas cotiás na axitada vida das comunidades cristiáns da época. GranGrande admirador de [[Tertuliano]], tíñao como mestre e fonte de inspiración, aínda que se afastaba del nalgúns puntos do seu pensamento. Condenou o espectáculo da loita entre gladiadores, demandou dos crentes xenerosidade no auxilio dos marxinados e solidariedade cos pagáns, teimaba en que a oración cristiá era comunitaria e afastada do individualismo e pregaba por todos os homes (é célebre o seu comentario sobre o [[Noso Pai]]). A súa principal obsesión foi a defensa da unidade da Igrexa universal (unha era a fe e un o pobo crente cimentado na concordia), o que non foi óbice para que se amosara a prol da identidade da súa Igrexa africana. Louvou a virtude da humildade e a coherencia ata o martirio. As súas cartas son de grande utilidade para coñecer o [[latín]] común.
 
Cibrán fai unha severa autocrítica da Igrexa do seu tempo ata o punto de que a proba da persecución a atribuía á providencia divina para erguer a fe caída e aletargada que provocara volta ao [[pecado]] {{Cita|''Cada un buscaba engrosar a súa facenda e, esquecéndose da pobreza que practicaban os fieis en tempo dos [[apóstolo]]s e que sempre deberan seguir, non tiñan outra ansiedade que a de acumular bens cunha cobiza abrasadora e insaciable...Moitos bispos, que deben ser un estímulo e exemplo para os demais, desprezando o seu sagrado ministerio, empregábanse no manexo de bens mundanos e, abandonando a súa cátedra e a súa cidade, percorrían polas provincias estranxeiras os mercados a caza de negocios lucrativos, buscando amontoar diñeiro en abundancia mentres pasaban necesidade os irmáns da Igrexa|De lapsis'', 5-6}}