Sucesos de Casas Viejas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
m →‎Historia e características: Confederación Nacional do Traballo
Liña 4:
 
==Historia e características==
O [[11 de xaneiro]] de [[1933]] tivo lugar na localidade gaditana de Casas Viejas (hoxe coñecida como [[Benalup-Casas Viejas]]) unha revolta protagonizada por un grupo de [[Anarquismo|anarquistas]] da [[Confederación Nacional do Traballo|CNT]] que decidiu facer a revolución pola súa propia conta e impor o comunismo libertario, destituíndo ao alcalde e intentando tomar o cuartel da [[Garda Civil]] onde se atopaban un sarxento e tres números. Feren de morte ao sarxento e a un dos números, pero non conseguen os seus propósitos.
 
Inmediatamente, decatado o goberno, enviou forzas da Garda Civil e da [[Garda de Asalto]] que entraron a tiros na vila, incendiaron a casa na que se refuxiaban algúns dirixentes da insurrección, entre eles o coñecido como "Seisdedos" (de nome real Francisco Cruz Gutiérrez, carboeiro de 72 anos), e logo procederon cunha serie de xuízos sumarísimos, fusilando a participantes e sospeitosos de participar nos feitos. O balance definitivo foi de dezanove homes, dúas mulleres e un neno, así como tres gardas mortos.