Sucesos de Casas Viejas
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde setembro de 2015.) |
Coñécese como Sucesos de Casas Viejas un dos episodios máis tráxicos polos que pasou a Segunda República Española e foi o catalizador da caída do goberno de Manuel Azaña, aínda que posteriormente volvería á Presidencia da República en 1936.

Historia e características Editar
O 11 de xaneiro de 1933 tivo lugar na localidade gaditana de Casas Viejas (hoxe coñecida como Benalup-Casas Viejas) unha revolta protagonizada por un grupo de anarquistas da CNT que decidiu facer a revolución pola súa propia conta e impor o comunismo libertario, destituíndo ao alcalde e intentando tomar o cuartel da Garda Civil onde se atopaban un sarxento e tres números. Feren de morte ao sarxento e a un dos números, pero non conseguen os seus propósitos.
Inmediatamente, decatado o goberno, enviou forzas da Garda Civil e da Garda de Asalto que entraron a tiros na vila, incendiaron a casa na que se refuxiaban algúns dirixentes da insurrección, entre eles o coñecido como "Seisdedos" (de nome real Francisco Cruz Gutiérrez, carboeiro de 72 anos), e logo procederon cunha serie de xuízos sumarísimos, fusilando a participantes e sospeitosos de participar nos feitos. O balance definitivo foi de dezanove homes, dúas mulleres e un neno, así como tres gardas mortos.
Coñecidos os feitos en toda España, produciuse un grande escándalo parlamentario e periodístico que produciu a caída do goberno de Azaña e favoreceu a chegada da dereita ao goberno.
O periódico da CNT describiu os feitos como:
Fue una razzia de mercenarios de la legión en un aduar rifeño.
Véxase tamén Editar
Bibliografía Editar
- Sender, R. J. (2016): Viaje a la aldea del crimen. Documental de Casas Viejas. Libros del Asteroide. ISBN 978-84-16213-63-4