Radiación de fondo cósmico de microondas: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
m →Notas: Arranxos varios |
de unha > dunha |
||
Liña 15:
[[Ficheiro:Cmbr.svg|miniatura|300px|Espectro do fondo cósmico de microondas medido polo instrumento FIRAS do satélite [[COBE]], é a medida mais precisa do espectro de radiación de corpo negro feita na natureza. Os datos obtidos e o erro estándar do gráfico están solapados pola curva teórica.]]
A radiación cósmica de fondo -RCF- é isotrópica (ten a mesma forma ou é regular) ata preto
A radiación cósmica de fondo é a principal predición do modelo cosmolóxico do Big Bang. Ademais, a cosmoloxía inflacionista prevé que despois de preto de 10<sup>−37</sup> segundos despois do nacemento do universo este sufriu un crecemento exponencial que suavizou case todas as heteroxeneidades. A excepción é a causada pola falta de homoxeneidade nas flutuacións cuánticas no campo inflaton. Isto foi seguido por unha quebra de simetría, un tipo de transición de fase, que deu lugar ao establecemento da forzas fundamentais e as partículas elementais na súa forma actual. Despois de 10<sup>−6</sup> segundos, o universo inicial estaba composto dun plasma quente de fotóns, electróns e [[barión]]s. Os fotóns interactuaban constantemente co plasma a través do Efecto Compton. Como o universo estábase a se expandir, o arrefriamento adiabático provocado polo plasma fresco rematou tornándose favorable para que os electróns se combinasen con protóns formando átomos de hidróxeno. Esa recombinación aconteceu preto dos 3000 [[Kelvin|K]], cando o universo tiña aproximadamente 379.000 anos de idade. Isto é equivalente a un corremento ao vermello (redshift) de z = 1,088. Neste momento, os fotóns non interactúan con átomos electricamente neutros e a luz (os fotóns) comezou a viaxar libremente polo espazo, dando coma resultado a disociación da materia e da radiación.
|