Nemo me impune lacessit: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
fire > fere
m Bot: Cambio o modelo: Cursiva; cambios estética
Liña 1:
{{Título en cursiva}}
A frase [[latín|latina]] '''''Nemo me impune lacessit''''' (en [[Lingua galega|galego]] "Ninguén me fere impunemente") é o [[lema]] oficial do [[Reino de Escocia]], usado no [[Escudo de armas de Escocia]]. Na actualidade é o lema do [[monarca]] do [[Reino Unido]] cando se atopa en Escocia, e aparece tamén no [[escudo de armas do Reino Unido]] cando se emprega en Escocia. Unha tradución máis coloquial á [[lingua escocesa]] é "''Wha daur meddle wi me?''", que podería traducirse como "Quen se atreve a meterse comigo?"
 
Liña 6:
A frase aparece tamén nas [[moeda]]s dunha [[libra esterlina]] [[Cuñaxe|acuñadas]] entre [[1984]] e [[1994]] en [[Escocia]], e é mencionada no relato de [[Edgar Allan Poe]] titulado ''"[[O barril de amontillado]]"''; isto débese probablemente a que Poe foi adoptado por un [[mercador]] escocés.
 
== Posible orixe do lema ==
[[Ficheiro:Milk thistle flowerhead.jpg|miniatura|Flor do [[Cardo]]]]
De acordo coa lenda, o lema referíase inicialmente á flor do [[cardo]], [[símbolo]] de Escocia: durante un ataque sorpresa dos [[Dinamarca|dinamarqueses]], un dos invasores pisou un cardo e emitiu un berro de dor, alertando así aos defensores da súa presenza. Posteriormente, o lema espallouse a toda Escocia e aos rexementos militares escoceses, que adoptaron tamén o cardo como emblema.