Tempos Novos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Engadidas ligazóns internas
Liña 8:
{{Periódico|nome=Tempos Novos|subtítulo=Información para a opinión e o debate|imaxe=|pé_de_foto=|logo=|tipo=Revista|formato_páxina=|páxinas=|formato_cor=|data_de_creación=[[1997]]|data_de_disolución=|empresa_editora=Atlántica de Información e Comunicación de Galicia|propietario=|director=[[Luís Álvarez Pousa]]|fundador=|editorial=|editor=|editor_xefe=|editor_asociado=|redacción=|colaboradores=|ilustradores=|tendencia=|lingua=[[Lingua galega|Galego]]|localidade=|ámbito={{GAL}}|impresión=|periodicidade=mensual|prezo=|tiraxe=|seccións=|contido=|predecesor=|sucesor=|ISSN=|oclc=|páxinaweb=temposdixital.com|arquivos_gratis=|arquivo=|twitter=tempos_revista|facebook=REVISTA-TEMPOS-NOVOS-127884137234652}}
 
'''''Tempos Novos''''' é unha [[revista]] galega de publicación mensual en papel publicada por Atlántica de Información e Comunicación de Galicia desde abril de [[1997]] . Nas súas páxinas os lectores poden atopar [[Reportaxe|reportaxes]] e [[Entrevista xornalística|entrevistas]] coa actualidade política, económica ou social como tema central e varias seccións dedicadas ao [[pensamento]], á [[cultura]] e á [[arte]] en todas as súas manifestacións, con sinaturas recoñecidas dos eidos da Universidade e a investigación vencelladas fundamentalmente ao [[xornalismo]], críticas de distintas disciplinas e valores emerxentes da nova [[literatura galega]].
 
'''''Tempos Novos''''' é unha revista galega de publicación mensual en papel publicada por Atlántica de Información e Comunicación de Galicia desde abril de [[1997]] . Nas súas páxinas os lectores poden atopar reportaxes e entrevistas coa actualidade política, económica ou social como tema central e varias seccións dedicadas ao pensamento, á cultura e á arte en todas as súas manifestacións, con sinaturas recoñecidas dos eidos da Universidade e a investigación vencelladas fundamentalmente ao xornalismo, críticas de distintas disciplinas e valores emerxentes da nova [[literatura galega]].
 
== Historia ==
A súa fundación tivo lugar nun acto celebrado no [[Instituto Galego de Información]] o [[11 de xaneiro]] de 1997, onde "''cento cincuenta persoas converxeron nunha sociedade anónima coa pretensión declarada de crearen medios de comunicación alternativos e de calidade. Un colectivo plural, representativo da diversidade de tendencias e sensibilidades que configuran a nosa realidade política, cultural e social máis comprometida''".<ref>[http://temposdixital.com/quen-somos/ Quen somos?]</ref>
 
Ao longo dos seus vinte anos cumpridos a revista pasou por diferentes etapas sen renunciar aos seus alicerces fundamentais: o [[Lingua galega|idioma galego]], o compromiso coa información libre e unha aposta polo xornalismo de calidade.<ref>{{Cita web|url=http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/entrevista-a-luis-alvarez-pousa|páxina-web=www.crtvg.es|título=Entrevista a Luís Álvarez Pousa {{!}} CRTVG|data-acceso=2018-01-23}}</ref> Así, as súas páxinas acollen desde sempre análises da actualidade sociopolítica e cultural, con seccións para a [[música]], a arte, o [[teatro]], os libros e o [[humor gráfico]].
 
''Tempos Novos'' é unha revista editada en papel, cunha aposta clara por este formato, polo que non ten versión dixital, pero si unha páxina web, [http://temposdixital.com/ Tempos Dixital], cun consello de redacción formado por [[Comba Campoy]], [[Paulo Carlos López]], Sara Torreiro, Fran Martínez Hidalgo, Duarte Romero Varela, Denís Fernández Méndez, María Villamarín e Cibrán Tenreiro Uzal.
 
Dirixe a revista o xornalista [[Luís Álvarez Pousa]], quen asina ademais ao editorial de cada número e algúns artigos e entrevistas.
 
== Rede de colaboradores ==
Liña 28 ⟶ 27:
A capa da revista é desde sempre o elemento máis distintivo de ''Tempos Novos''. O seu deseño, como é lóxico nunha traxectoria de vinte anos, foi mudando o estilo e enfoque até chegar ao actual, no que o autor é o ilustrador compostelán [[Daniel Pino]], quen asina tamén boa parte das ilustracións e deseños da publicación.
 
A revista mantén sempre a mesma estrutura: previa ao índice, a ''Carta de Axuste'' de Luís Álvarez Pousa, seguida por ''E digo eu'', asinada por Daniel Álvarez, e ''A velas vir'', de [[Xurxo Borrazás]].
 
É a sección ''En Destaque'' a que aglutina varias sinaturas sobre o tema principal, seguidas pola ''crónica política'' de Justo Beramendi e o ''Café na Trincheira'' de Antón Baamonde e a habitual ''entrevista'' de Luís Villamor. Ademais do ''Tres en Raia'', unha conversa a tres bandas en torno a un mesmo tema.
 
En ''Tempos Novos'' mantense o gusto polo humor gráfico, que é a base da sección ''Guau, Guau'': unha recompilación de [[Viñeta|viñetas]] publicadas nos medios galegos que dá paso a ''Todo é Peixe'', unha ampla sección que abre Camilo Franco cunha reflexión sobre unha fotografía e que se complementa con reportaxes e a sección ''Vidas Whatsapp'', de María Lado, que adoita ofrecer unha conversa con nomes propios doda arte e a cultura galegas. ''Todo é Peixe'' péchase con ''O Alambique'', unha completa achega de todo "''o que destilan os medios''".
 
''Argumenta'' é unha sección de varias páxinas dedicada á [[ciencia]] e ao pensamento na que se inclúen reportaxes e entrevistas en torno a unha temática, trala que se abre a sección de ''Cultura'', con críticas de arte, cinema, banda deseñada, series, música etc,...
 
Pecha a revista o ''Gabinete de Curiosidades'' de Alba Cid, unha aposta pola poética das plantas.