Fenotipo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
de un > dun
Liña 5:
O '''fenotipo''' dun [[Ser vivo|organismo]] individual está definido pola aparencia física e mais a constitución. Especificamente maniféstase como trazas que varían entre os diferentes individuos tales como o tamaño ou a [[cor dos ollos]].
 
O '''fenotipo''' está determinado, en certa medida polo [[xenotipo]], ou pola identidade dos [[alelo]]s, os cales, individualmente, ocupan unha ou máis posicións nos [[cromosoma]]s. Algúns fenotipos están determinados polos múltiples [[xene]]s, influenciados ademais por factores do [[Medio ambiente|medio]]. Desta maneira, a identidade de undun, ou duns poucos [[alelo]]s coñecidos, non sempre permite unha predición do fenotipo.
 
Así e todo, como os fenotipos son moito máis doados de observar do que os [[xenotipo]]s (non se necesita ningún tipo de exame químico para determinar a cor de ollos dunha persoa), a [[xenética clásica]] usa os fenotipos para determinar as funcións dos [[xene]]s. Os experimentos de reprodución poden probar estas interferencias. Desta forma, estudos xenéticos temperáns son capaces de rastrexar os padróns hereditarios sen ningún tipo de coñecemento da [[bioloxía molecular]].