Bruxelas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
elimino sintaxe desbotada
m →‎Historia: Peter Paul Rubens
Liña 48:
É no [[século XI]] candos os duques deciden trasladar a súa residencia a un castelo que constrúen noutro outeiro ao sur do Treurenberg, o de Couldenberg. De seguido rodéase todo o conxunto cun cinto de murallas. Este triángulo, St.Gery no río co porto, Santa Gúdula onde se construirá a catedral de San Miguel, e o palacio ducal do Coudenberg, será a armazón básica e nodal da futura cidade <ref>{{Cita web |url=http://www.brunette.brucity.be/lepage/eaufinal/LEPAGE2000/Benabdelmoumen/lasennefleche.html |título=Copia arquivada |data-acceso=30 de xullo de 2013 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20090105082527/http://www.brunette.brucity.be/lepage/eaufinal/LEPAGE2000/Benabdelmoumen/lasennefleche.html# |dataarquivo=05 de xaneiro de 2009 |urlmorta=si }}</ref>.
 
Bruxelas vai crecer rapidamente co comercio da súa rica industria de panos ata converterse nunha das maiores cidades de [[Europa]] no [[século XIV]], desbordando os antigos muros e obrigando a construción dun novo recinto amurallado de preto de oito quilómetros ([[1379]]). É con este esplendor cando na praza do mercado constrúese a Casa do Concello (1402-54) gótico flamíxero, e os duques amplían e embelecen o seu Palacio do Coudenberg, facendo da cidade o centro dunha rica actividade artística e cultural (pinturas de [[Rogier van der Weyden]], escultura fonte do [[Manneken Pis|Manneken-Pis]], de [[Hieronymus Duquesnoy o Vello]]; [[Peter Paul Rubens|Rubens]] máis tarde...) <ref>([http://www.ilotsacre.be/images/CBLodovicoGuicciardini1581.jpg] Bruxelas no 1581)</ref>.
 
A finais do [[século XVII]], a cidade é bombardeada polo exército francés. A destrución é grande, pero os burgueses reaccionan coa reconstrución do abraiante conxunto que rodea a [[Grand Place]] <ref>[http://www.ilotsacre.be/images/Grand_Place.JPG]</ref>.