Wikipedia:Taboleiro dos administradores/Vandalismo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
Liña 23:
Ola, boas, teño unha consulta. Estaba por reverter unha edicións dun usuario novo que vén de facer cambios nas entradas no que se refire á denominación de lugares de fóra de Galicia. Finalmente boteime atrás, ver [https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Ljouwert&oldid=5126114 aquí a reversión]. Entendo que a política a aplicar é [[wikipedia:Toponimia|WP:T]] e especificamente o topónimo en discusión non aparece en [[Lista de exónimos en galego]] e cando hai dúas linguas, o baleiro na política xulgase segundo o criterio de primeiro editor segundo esta [[Conversa Wikipedia:Toponimia#Localidades con varios nomes oficiais|conversa]]. Pero.. xa houbera ao inicio do historial un cambio semellante ao realizado por este usuario que fora feito por [[Usuario: Xabier Cid]], polo que non o vexo claro. Podería alguén botar algo de luz e revisar estas edicións? Grazas [[Usuario:Maria zaos|Maria zaos]] ([[Conversa usuario:Maria zaos|conversa]]) 22 de abril de 2019 ás 06:57 (UTC)
:[[Usuario:Maria zaos|Maria zaos]], decateime hoxe desta conversa. Atopei unha referencia para Leeuwarden na ''Diciopedia do século 21'' e movín o artigo. Se non hai referencias en galego, e se hai dúas ou máis linguas oficiais, déixase a escolla do primeiro editor, tal e como se comentou na conversa que indicas. Saúdos, --[[Usuario:Elisardojm|Elisardojm]] ([[Conversa Usuario:Elisardojm|conversa]]) 18 de maio de 2019 ás 14:00 (UTC)
::Ben vista, Elisardo. Aproveito para facer unha matización en xeral para os exónimos: cando non existe -ou non damos atopado- unha referencia en galego para un topónimo estranxeiro, queda o da lingua orixinal tal cal. O problema xorde cando é preciso transliterar dende outros alfabetos ou cando no territorio en cuestión hai varias linguas oficiais. Neses casos, é necesario mirar con demora cada detalle, pero en todo caso a escolla do primeiro editor non pinta nada. Os criterio son outros, como a oficialidad en orixe. --[[Usuario:Atobar|Atobar]] <sup>([[Conversa Usuario:Atobar|conversa comigo]])</sup> 18 de maio de 2019 ás 17:43 (UTC)