Grupo Nós: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
HacheDous=0 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 4:
 
== Historia ==
[[Ficheiro:Título accionarial de vósNós a nome de Ramón Villar Ponte.jpg|miniatura|300px|Título accionarial de Nós a nome de [[Ramón Villar Ponte]], asinado por [[Arturo Noguerol Buján]] e [[Vicente Risco]].|ligazón=Special:FilePath/Título_accionarial_de_vós_a_nome_de_Ramón_Villar_Ponte.jpg]]
O [[20 de outubro]] de [[1920]] naceu na cidade de [[Ourense]] a revista ''[[Revista Nós|Nós]]''. Arredor dela, xurdiron un grupo de autores literarios que, a partir da [[IV Asemblea Nacionalista|Asemblea de Monforte]] ([[1922]]), se foron integrando de cheo nas estruturas das [[Irmandades da Fala]]. A revista ''Nós'' estaba conformada principalmente, no seu inicio, polos integrantes do [[cenáculo ourensán]] ([[Vicente Risco]], [[Ramón Otero Pedrayo]] e [[Florentino López Cuevillas]]) e mais [[Alfonso Daniel Rodríguez Castelao]]. Posteriormente, a revista verá chegar novos autores.
 
O primeiro número da revista ''Nós'' comeza coas "Primeiras verbas", un artigo colectivo onde se aprecian varios dos propósitos deste grupo xeracional: a chamada da terra ([[Galiza]]), a dignificación da cultura galega, o carácter universalista. Todos estes trazos estarán presentes nas obras destes escritores.
 
A peripecia ideolóxica dos homes do grupo Nós aparece excelentemente reflectida na novela de Ramón Otero Pedrayo ''[[Arredor de si]]'' ([[1930]]) e no ensaio de Vicente Risco, pois era moi arriscado ''[[Nós, os inadaptados]]'' ([[1930]]). Os escritores deste grupo (agás Castelao) parten dunha total falta de apego polas súas raíces, derivado da busca do cosmopolitismo. Mais, conforme avanza o tempo, a partir de experiencias que funcionarán a modo de catarse, caerán na conta da importancia da cultura propia, posto que esta é a que distingue uns individuos dos outros (conciben o enxebrismo como o propio ser de Galiza). Por isto, chegarán á conclusión de que só se pode ser universal partindo do propio. Derivado disto, todos eles aceptarán o [[galeguismo (política)|galeguismo]] como doutrina ideolóxica.
 
Por outra parte, este grupo de autores presenta unha particular problemática no que á súa denominación respecta. En ''De Pondal a Novoneyra'' ([[1984]]), [[Xosé Luís Méndez Ferrín]] refírese a el como grupo xeracional. Tense falado de grupo Nós, xeración Nós e incluso [[Anxo Tarrío]] fala dunha época Nós.