Wikipedia:Libro de estilo#Variantes galegas editar

Copio literalmente o que di esta política oficial da Galipedia:

A Galipedia segue a normativa oficial do galego da RAG. Debido ás reformas producidas no ano 2003 na normativa, existen casos nos que hai dúas ou máis opcións válidas para a escrita dunha palabra. A norma aplicada dentro da Galipedia consiste en respectar as decisións do primeiro editor do artigo. Deste xeito, conservaranse ao longo dos artigos as solucións do tipo ó/ao, -ble/-bel, -ería/-aría ou Galicia/Galiza escollidas polo primeiro editor simplemente por motivos de coherencia. Se se fai un cambio dun amable por un amábel, ou viceversa, esta modificación será revertida. Convén lembrar que ambos os adxectivos son correctos, e non hai preferencia nin por un nin polo outro máis ca a que teña o usuario orixinal.

Un saúdo. --AMPERIO (conversa) 4 de decembro de 2018 ás 11:19 (UTC)Responder

Historia do cinema de Galicia editar

Ola ip. Por favor, non xogues coa plataforma e respecta as edicións do resto dos usuarios. Benvido a participar pero non leves a cabo edicións non construtivas como no artigo anterior. Un saúdo. MAGHOI (conversa) 12 de abril de 2021 ás 08:39 (UTC)Responder