Cecilia Böhl de Faber: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Maria zaos (conversa | contribucións)
m Desfixéronse as edicións de 193.144.97.70 (conversa); cambiado á última versión feita por Banjo
Etiqueta: Reversión
Liña 1:
{{Redirección|Fernán Caballero|o concello manchego|Fernán Caballero, Cidade Real}}
{{sen referencias|data=xuño de 2016}}
{{Biografía}}
[[Ficheiro:Fernan-caballero-plaza-ave-maria-puertosm.JPG|miniatura|Estatua de Cecilia Böhl en El Puerto de Santa María.]]
'''Cecilia Böhl de Faber''', nada en [[Morges]] ([[Cantón de Vaud]], [[Suíza]]), o [[24 de decembro]] de [[1796]] e finada en [[Sevilla]] o [[7 de abril]] de [[1877]], foi unha escritora española. Adoitaba usar o [[pseudónimo]] de '''Fernán Caballero'''.
 
== Traxectoria ==
Cecilia era filla do cónsul Juan Nicolás Bohl e de Frasquita Larrea, quen tamén escribira empregando o pseudónimo de "Corina". Durante os seus primeiros anos viviu en [[Alemaña]], regresando coa súa familia no ano 1813, á idade de 17 anos. Casou o 30 de marzo de [[1816]], co capitán de infantería don Antonio Planelles e Bardaxí. A parella mudouse a [[Porto Rico]] xa que o seu esposo fora destinado a ese lugar, pero ese matrimonio duraría pouco por mor do falecemento de don Antonio.
 
Trasládase a [[Hamburgo]], ao norte de [[Alemaña]], onde viviu coa súa avoa. Algúns anos mais tarde mudouse novamente a [[El Puerto de Santa María]], [[España]], onde coñece a Francisco Ruiz de Arco, [[marqués de Arco Hermoso]]. O 26 de marzo de [[1822]], contrae segundas nupcias co marqués, en [[Sevilla]]. En maio de [[1835]] enviuvou novamente.
 
Pouco tempo despois coñeceu a Antonio Arrom de Ayala, con quen contraeu matrimonio en 1837. Pero Ayala estaba doente de tise e con graves problemas económicos que fan que se suicide en 1863.
 
Quedou así a escritora na pobreza; os [[duques de Montpensier]] e a raíña [[Isabel II de España|Isabel II]], protéxena e bríndanlle unha vivenda no Patio de las Banderas do [[Alcázar de Sevilla]]. Pero a [[Revolución de 1868]] obrígaa a mudarse debido a que as casas foron postas en venda.
 
== Obra ==
* ''La Familia de Alvareda'' (1849)