Łódź: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
{{copyvio|1=https://viajeaeuropadeleste.com/2009/10/21/lodz-y-su-renovada-arquitectura/}} © 2019. Viaje a Europa del Este. SobreBlogs Networks. Todos los derechos reservados
Maria zaos (conversa | contribucións)
m Desfixéronse as edicións de HombreDHojalata (conversa); cambiado á última versión feita por SandraFonseca23
Etiqueta: Reversión
Liña 8:
Moitos dos seus habitantes fixeron grandes fortunas na produción de teas e no comercio, contribuíndo ó desenvolvemento da cidade. Actualmente conta cunha ruta turística que mostra algúns dos sitios históricos que se asocian coa orixe industrial de Lodz.
 
=='''HISTORIA=='''
 
Lodz foi un pequeno asentamento que apareceu por primeira vez en rexistros escritos arredor de 1332, nun documento no que se facía entrega da vila de Łodzia ós bispos de Włocławek.
Liña 44:
 
Na actualidade a alcaldía de Lodz pretende reavivar as antigas zonas industriais, cerando desta maneira o Novo Centro da Cidade. Dende o ano 2010, cando arrancou a iniciativa, realizáronse varios proxectos de renovación urbana, como, por exemplo, a estación de tren Łódź Fabryczna.
 
'''TURISMO'''
 
Atopamos no centro da cidade unha ruta turística que mostra algúns dos sitios históricos mais importantes e que se asocian coa súa orixe industrial.
 
Este percorrido comeza no complexo Izrael Poznanski, na rúa Ogrodowa, unha das mais importantes da cidade. O complexo conta con edificios residenciais e industriais, dos cales o que mais destaca é o Palacio Izrael Poznanski, o mais elegante de todos os palacios de Lodz, e que na actualidade alberga o Museo Histórico da cidade,
Seguimos co edificio de Kopisch, que data do ano 1826, e é a estrutura mais antiga relacionada co téxtil mellor conservada de Lodz.
 
Pasamos ó Palacio de Scheibler, que presume dunha fachada renacentista, contrastando cunha decoración ecléctica de luxo. Actualmente este palacio é a sede do Museo de Cinematografía.
Atopamos tamén nesta ruta a Fábrica Blanca, a que fora propiedade dun dos empresarios mais famosos do século IXX, Ludwik Geyer, e no cal hoxe en día se atopa o Museo Central da Industria Téxtil.
 
Considérase que a atracción principal da cidade é a rúa Piotrkowska, a rúa mais elegante de Lodz debido a súa variada arquitectura. A rúa está chea de impresionantes palacios e casas monumentais, a maioría das que pertencían ós propietarios das fábricas téxtiles da cidade no século IXX. Institucións públicas, bancas, tendas, restaurantes, discotecas, tendas de antigüidades, galerías de arte e cines atópanse no seu paseo principal. Ademais recentemente renováronse todos os edificios históricos, dentro dos cales atopamos a igrexa da Santísima Trinidad, o Concello, situado xusto ó seu carón, o Palacio Scheiber, un edificio de tres pisos que serviu coma unha das casas de luxo da burguesía a finais do século IXX, a casa de Jan Peter, unha das poucas casas que datan das orixes da cidade que se conservan ata a actualidade, e outras edificacións que pertenceron ós fabricantes mais ricos da cidade.
 
Tamén atopamos en Lodz ó lado mais escuro da cidade, recordos da invasión nazi en Polonia. Hoxe en día para conmemorar o exterminio dos xudeus por parte dos nazis atópase o Camino de Litzmannstadt Ghetto, formado por 38 parcelas con placas conmemorativas contando a historia e o destino dos xudeus de Lodz.
 
 
 
== Cidades irmás ==