Clepton: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 5:
 
== Exemplo nas píntegas ==
Na natureza cinco especies de píntegas ''[[Ambystoma]]'' (axolotes) contribúen a un complexo unisexual que se reproduce por unha [[Partenoxénese en anfibios|combinación de xinoxénese e cleptoxénese]], que son: ''A. tigrinum'', ''A. barbouri'', ''A. texanum'', ''A. jeffersonium'' e ''A. laterale''. Atopáronse na natureza unhas vinte combinacións xenómicas, que van desde individuos "LLJ" (dous xenomas de ''A. laterale'' e un de ''A. jeffersonium'') a individuos "LJTi" (un xenoma de ''A. laterale'', outro de ''A. jeffersonium'' e outro de ''A. tigrinum'').<ref name="r5"/> Porén, cada combinación contén a información xenética da especie ''A. laterale'' e a análise de [[ADN mitocondrial]] indicou que estas especies unisexuais diverxeron moi probablemente dun individuo de ''A. barbouri'' hai uns 5 millóns de anos,<ref name="r6">{{cita publicación periódica| pages = 119–136| journal = Genome |volume = 50| number=2|title = Unisexual salamanders (genus ''Ambystoma'') present a new reproductive mode for eukaryotes | first = J| last = Bogart| doi=10.1139/G06-152| date = 2007| pmid=17546077}}</ref> facendo que sexa a especie de vertebrado unisexual máis antiga da Terra<ref name="r7">{{cita publicación periódica| pages = 238| journal = BMC Evolutionary Biology |volume = 10| number= 1|title = Time and Time again: unisexual salamanders (genus ''Ambystoma'') are the oldest unisexual vertebrates | first = K| last = Bi| issn=1800-427X| date = 2010| doi=10.1186/1471-2148-10-238| pmid=20682056| pmc=3020632}}</ref>
<!--
O feito de que estas píntegas perisistiran durante tan longo tempo é salientable, xa que contradí a noción de que a maioría das liñaxes asexuais se orixinaron cando as condicións son boas e desapareceron rapidamente.<ref name="r8">{{cita publicación periódica|journal = Evolutionary Biology|title = Adaptive Significance and Long-Term Survival of Asexual Lineages| first = T| last = Lodé| date = 2012| doi=10.1007/s11692-012-9219-y| volume=40|issue = 3| pages=450–460|url = https://hal-univ-rennes1.archives-ouvertes.fr/hal-00860811/file/revised_Lode_Asexual_Evol_Biol_V3-accepted.pdf}}</ref> Argumentouse que esta persistencia débese moito máis probablemente á estratexia de "substitución de xenoma" antes mencionada que acompaña a reprodución cleptoxénica, substituíndo unha porción do enoma materno co [[ADN]] parental na descendcdencia permitiu que os individuos unisexuais "actualicen" o seu material xenético co tempo. Esta faceta da cleptoxénese foi recentemente avaliada por investigación xenética que indica que non hai ningún xenoma ancestral de ''A. laterale'' que se manteña dun individo unisexual ao seguinte e que non hai un xenoma "L" específico que se encontre con máis frecuencia que outros. O material xenetico "L" encontrado nestas píntegas tamén evolucionou para ser substancialmente único con respecto aos xenomas sexuais.<ref name="r5"/>