Wikipedia:A Taberna (propostas): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
→‎Proposta de resolución: Cambio o voto de sitio,porque estaba mal colocado
Liña 156:
 
Xa hai tempo que estou convencido de que vamos a seguir dándolle voltas e voltas a isto, e abrindo votacións e votacións, ata que unha delas chegue a dar un resultado favorable a certo postulamento inicial. --[[Usuario:HombreDHojalata|<span style="font-size:90%;color:maroon;text-shadow:peru 1px 1px 1px;">. '''''HombreDHojalata'''''</span>.]]<sup>[[Conversa usuario:HombreDHojalata|<span style="font-size:86%;color:brown;">conversa</span>]]</sup> 9 de abril de 2019 ás 17:24 (UTC)
:: Boeno, [[Usuario:HombreDHojalata|HombreDHojalata]], creo que é un debate que non se pechara. E está ben pechalo e pasar a outra cousa, como di Atobar máis abaixo. Eu quedaría con dúas ideas: dunha banda, hai unha parte importante da comunidade para a que esta cuestión é suficientemente relevante como para insistir. E, segundo, creo que é importante que bsuquemos consensos explícitos, algo que faríamos normalmente en reunións presenciais, consensos que non gustan a ninguén pero que son un posible punto medio. Do que se trata é de colocar o medio aquí, que non sinxelo.
:Opino o mesmo ca [[Usuario:HombreDHojalata|HombreDHojalata]]. Non me parece correcta esta forma de alongar os debates até que se acada un resultado favorable aos intereses duns (sexan os que sexan), con continuas mencións cruzadas, alusións, repeticións e retorsións de argumentos e mesmo a busca dun "mediador" de boa vontade (sambenito que lle caeu a [[Usuario:Xabier Cid|Xabier Cid]]) cando, polo menos ao meu entender, non existe unha maioría cualificada para modificar a efeméride. Debo dicir que tampouco non me agradan os tinturas de folla de ruta (por loable que sexa a empresa) que adquiriu o debate, máxime cando sobre todo [[Usuaria:Maria zaos|Maria zaos]] fixo un gran traballo no artigo; o que queira saír de dúbidas, que pique nel e lea (xa de inicio, dise que posicións ocupan homes, mulleres e escravos na tal declaración, sen ir máis lonxe). Así a todo, o peor é que este tema -restrinxido a unha soa liña dunha soa efeméride- está a ocupar un espazo absolutamente desproporcionado, ao tempo que nos quita de avanzar noutras cuestións de igual ou maior urxencia. Por iso, aínda que sosteño que a actual redacción é perfectamente correcta e que as outras propostas desvirtúan a enunciación (forzosamente de carácter sucinto) das efemérides, vou votar a favor do que Xabier denominou "Prolongar o texto da maneira menos intrusiva posible, para aclarar que se refería a varóns". Aí queda logo o meu apoio ao que suxiren [[Usuario:Norrin strange|Norrin strange]] e [[Usuario:Miguelferig|Miguelferig]]: "aprobouse a Declaración dos dereitos do home e do cidadán, que recoñecía os dereitos dos cidadáns varóns libres maiores de idade e de nacionalidade francesa". Oxalá non sente isto (unha cesión motivada pola canseira e non por ningunha clase de convencemento) un mal precedente para futuros debates. E oxalá tamén que de aquí saia unha percepción máis clara por parte de todos de que na Wikipedia en galego non somos tantos como para perdernos durantes meses cunha soa liña dunha soa efeméride, leve quen leve a razón. --[[Usuario:Atobar|Atobar]] <sup>([[Conversa Usuario:Atobar|conversa comigo]])</sup> 9 de abril de 2019 ás 18:32 (UTC)