Imperio Español: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lles (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
m Arranxos varios, replaced:

(9)
Liña 56:
|imaxe_mapa = Spanish Empire Anachronous 0.PNG|320px
|localización_lenda = Máxima extensión do Imperio español ([[Anacronismo|anacrónico]])
|capital = [[Toledo]] ([[1492]]-[[1561]])
[[Madrid]] ([[1561]]-[[1601]])
[[Valladolid]] ([[1601]]-[[1606]])
[[Madrid]] ([[1606]]- [[1898]])
|lema_nacional = ''[[Plus Ultra (lema)|Plus Ultra]]'' ([[Lingua latina|latín]]: ‘Máis aló’)
|himno_nacional =
|idioma_oficial = [[Lingua castelá|Castelán]]
('''Outras linguas:'''
[[lingua portuguesa|Portugués]], [[lingua catalá|catalán]], [[lingua vasca|vasco]], [[lingua alemá|alemán]], [[lingua francesa|francés]], [[lingua neerlandesa|neerlandés]], [[lingua aragonesa|aragonés]], [[lingua galega|galego]], [[lingua asturiana|asturiano]], [[lingua siciliana|siciliano]], [[Lingua napolitana|napolitano]], [[Lingua lombarda|lombarda]], [[Lingua quechua|quechua]], [[lingua náhuatl|náhuatl]],[[Lingua maia]], [[lingua tlaxcalteca|tlaxcalteco]], [[lingua mixteca|mixteco]], [[lingua zapoteca|zapoteco]], [[Lingua guaraní|guaraní]], [[Lingua aimará|aimará]], [[lingua tagala|tagalo]], [[Lingua chamorra|chamorro]], [[lingua árabe|árabe]], [[Lingua chinesa|chino]] entre os principais por número de falantes.
|idioma_non_oficial =
|relixión = [[Igrexa católica|Católica]]
Liña 159:
Durante o [[século XVI]] España chegou a ter unha auténtica ''fortuna'' de ouro e prata extraídos de «[[América|As Indias]]». No estudo económico realizado por Earl J. Hamilton, «O tesouro americano e a [[Revolución dos prezos]] en España, 1501-1659», esa fortuna ten unhas cifras concretas. Hamilton describe que nos séculos XVI e XVII, desde 1503 e durante os 160 anos seguintes, durante a maior actividade mineira, arribaron desde as colonias americanas 16 900 toneladas de prata e 181 toneladas de ouro. As súas contas son minuciosas: 16 886 815 303 gramos de prata e 181 333 180 gramos de ouro.<ref>[http://books.google.es/books?id=ICB1AAAACAAJ&dq=El+tesoro+americano+y+la+revoluci%C3%B3n+de+los+precios+en+Espa%C3%B1a O Tesouro Americano e a revolución dos prezos en España, 1501-1650]</ref><ref group="Nota">Son cifras equivalentes á extracción industrial de prata de pouco máis de dous anos (26 meses) e a aurífera de medio ano. E aínda que o estudo de Hamilton non abarca os case 150 anos baixo un mesmo ritmo, desde a Conquista ata o ano 1808 non se alcanza a superar o equivalente a catro anos de extracción de prata e un ano de ouro. O contrabando estimado por Hamilton, puido estar máis cerca do 10% que dun imposible 50%. Os cálculos equivalentes baséanse en datos actuais de extracción tomados de Gold Fields Mineral Services Ltd (GFMS) e o International Copper Study Group, e reproducidos por publicacións mineiras, e que describen como a [[Perú|República do Perú]] soamente durante o ano 2007 tivo unha extracción industrial de 170 toneladas de ouro, respecto da produción mundial de ouro (2008) [http://www.dani2989.com/gold/worldgold08es.htm]</ref>

Dicíase durante o reinado de [[Filipe II de España|Filipe II]] que «''o Sol non se puña no Imperio''», xa que estaba o suficientemente disperso como para ter sempre algunha zona con luz solar. Este imperio, imposible de manexar, tiña o seu centro neurálxico en [[Madrid|Madrid,]], sede da Corte con Filipe II, sendo [[Sevilla]] o punto fundamental desde o que se organizaban as posesións ultramarinas.
[[Ficheiro:Tizian 081.jpg|dereita|miniatura|220px|Retrato de [[Carlos I de España|Carlos I]] por [[Tiziano]].]]
Como consecuencia do matrimonio político dos Reis Católicos e dos casamentos estratéxicos dos seus fillos, o seu neto, [[Carlos I de España|Carlos I]] herdou a [[Coroa de Castela]] na Península Ibérica e un incipiente Imperio Castelán en América (herdanza da súa avoa Isabel); as posesións da [[Coroa de Aragón]] no Mediterráneo italiano e ibérico (do seu avó Fernando); as terras dos [[Habsburgo]] en [[Austria]] ás que el incorporou [[Bohemia]] e [[Silesia]] logrando converterse tras unha disputada elección con [[Francisco I de Francia]] en emperador do [[Sacro Imperio Romano Xermánico]] co nome de Carlos V de Alemaña; ademais dos [[Países Baixos]] aos que engadiu novas provincias e o [[Franco Condado]], herdanza da súa avoa [[María de Borgoña]]; conquistou persoalmente [[Tunisia]] e en pugna con Francia a rexión de [[Lombardía]]. Era un imperio composto dun conglomerado de territorios herdados, anexionados ou conquistados.
Liña 252:
A pesar de que actualmente sabemos que a economía española estaba minada e que o seu poderío se debilitaba, o Imperio seguía sendo con moito o poder máis forte. Tanto é así que podía librar enfrontamentos con Inglaterra, Francia e os Países Baixos ao mesmo tempo. Este poderío confirmábano o resto de pobos europeos; así o hugonote francés [[Duplessis-Mornay]], por exemplo, escribiu tras o asasinato de Guillerme de Orange a mans de [[Balthasar Gérard]]:<ref name="historia">[[Carlos Carnicer]] e [[Javier Marcos]], «Felipe II instó el asesinato de Guillermo de Orange», nº 89 de [[La aventura de la Historia]], [[El Mundo|Arlanza Ediciones]], [[Madrid]], marzo de [[2006]] {{es}}</ref>
{{cita|''A ambición dos españois, que os fixo acumular tantas terras e mares, fainos pensar que nada lles é inaccesible.''}}
Mostrouse en varias obras literarias e especialmente en películas o abafo causado pola continua [[piratería]] contra os seus barcos no [[Atlántico]] e a consecuente diminución dos ingresos do ouro das Indias. Con todo, investigacións máis profundas<ref name="aventura61a">[[J. Díez Zubieta]], Recensión sobre o libro de Ramiro Feijoo ''Corsarios berberiscos'', nº 61 de [[La aventura de la Historia]], [[El Mundo|Arlanza Ediciones]], novembro de [[2003]]</ref> indican que esta piratería realmente consistía en varias decenas de barcos e varios centos de piratas, sendo os primeiros de escasa tonelaxe, polo que non podían enfrontarse cos [[galeón]]s españois, téndose que conformar con pequenos barcos ou os que puidesen apartarse da frota. En segundo lugar está o dato segundo o cal, durante o século XVI, ningún pirata nin corsario logrou afundir ningún galeón; ademais dunhas 600 frotas fretadas por España (dúas por ano durante uns 300 anos) só dúas caeron en mans inimigas e ambas por mariñas de guerra, non por piratas nin corsarios.<ref name="aventura61b">[[Mariano González Arnao]], «A prueba de piratas», nº 61 de [[La aventura de la Historia]], [[El Mundo|Arlanza Ediciones]], novembro de [[2003]]</ref> Os ataques [[corsario]]s en todo caso, entre os cales destacou [[Francis Drake|Francis Drake,]], causaron serios problemas de seguridade tanto para as frotas como para os portos, o que obrigou ao establecemento dun sistema de [[Frota de Indias|convois]] así como ao incremento exponencial en gastos defensivos destinados ao adestramento de milicias e á construción de [[fortificación]]s. Con todo foron as inclemencias meteorolóxicas as que bloquearon con maior gravidade todo o comercio entre América e Europa. Máis grave era a piratería mediterránea, perpetrada por [[bérber|berberiscos]], que tiña un volume dez ou máis veces superior á atlántica e que arrasou toda a costa mediterránea así como as Canarias, bloqueando a miúdo as comunicacións con este arquipélago e coas posesións en Italia. A pesar de todos os ingresos provenientes de América, España viuse forzada a declararse en bancarrota en [[1596]].

[[Ficheiro:Diego Velázquez - Philip III on Horseback (detail) - WGA24408.jpg|miniatura|esquerda|[[Filipe III de España]].]]
Liña 327:

=== O cambio de dinastía ===
O novo rei, [[Filipe V de España|Filipe V]], non foi excesivamente ben recibido en España. Á parte dos atrasos na súa entrada en Madrid polo mal tempo e as continuas recepcións, os cortesáns comezaron a ver que era abúlico, casto, piadoso, moi seguidor dos desexos do seu confesor e melancólico, redactándolle unha copla:{{Cita|''Anda, niño, anda,
Porque el cardenal lo manda''.<ref name="aventura25"/>}}
[[Ficheiro:Philip V 3.jpg|miniatura|125px|esquerda|[[Filipe V de España]]]]
Pero Filipe V non tiña intención de acaparar España para el e os seus achegados como pretendeu facer [[Filipe I de Castela|Filipe o Fermoso]], el quería ser un bo monarca a pesar das moitas diferenzas que tiña co seu novo pobo. Tanto é así que tras o famoso discurso que pronunciou o [[Manuel de Oms e de Santa Pau|marqués de Castelldosrius]], embaixador de España en Francia, Filipe non comprendeu nada, nin sequera a famosa frase «''Ya no hay Pireneos''»; porque non sabía español e foi o seu avó [[Luís XIV]] quen debeu interceder por el; pero ao finalizar a súa réplica ao embaixador, o ''Rei Sol'' díxolle ao futuro rei «''Sede un bo español''». Aquel mozo de 17 anos cumpriu toda a súa vida con aquel mandato.<ref name="aventura43">[[José Luis Gómez Urdáñez]], ''Ensenada, la meritocracia al poder'', nº 43 de [[La aventura de la Historia]], [[El Mundo|Arlanza Ediciones]], [[Madrid]], maio de [[2002]]</ref> O desexo das outras potencias por España e as súas posesións non podía quedar resolto co testamento real, polo que os enfrontamentos eran case inevitables; o [[Carlos VI de Alemaña|arquiduque Carlos de Austria]] non se resignou, o que deu lugar á [[guerra de Sucesión]] ([[1702]]-[[1713]]).
Liña 396:

[[Ficheiro:Spanish_Empire_-_1824.jpg|miniatura|275px|Situación do Imperio Español en [[1824]]. En azul os territorios independizados na [[Guerra de Independencia Hispanoamericana]] (1809-1824)]]
[[Ficheiro:Independencia.gif|miniatura|270px|'''A Revolución Hispanoamericana'''
{{Lenda|#f00|A reacción Realista}}{{Lenda|#0000FF|Baixo control independentista}}{{Lenda|#007FFF|Baixo control independentista}}{{Lenda|#002FA7|España durante a invasión francesa}}{{Lenda|#228B22|España baixo a revolución liberal}}]]
Logo de sucesivas insurreccións ao longo de toda a era colonial, a guerra de [[Independencia]] Hispanoamericana comezou a desencadearse cando as disputas polo trono entre o rei español [[Carlos IV de España|Carlos IV]] e o seu fillo, o futuro [[Fernando VII]], foron aproveitadas por [[Napoleón]] para intervir e impor as chamadas «[[abdicacións de Baiona]]» de [[1808]], polas cales ambos renunciaron sucesivamente ao trono de España en favor finalmente de [[José Bonaparte]], logo do cal Fernando quedou cativo. Pero a intervención francesa desencadeou un levantamento popular coñecido como [[guerra da Independencia española]] (1808-1814) que trouxo incerteza sobre cal era a autoridade efectiva que gobernaba España.

Liña 618:
|-style="background:#fafaf0;"
| rowspan=2 |[[Casa de Borbón]]
|[[Vicerreinado de Nova Granada]]
(1717–1723; 1739–1810)

* [[Real Audiencia de Santa Fe de Bogotá]]
Liña 624:
* [[Real Audiencia de Panamá]]
|-style="background:#fafaf0;"
|[[Vicerreinado do Río da Prata]]
(1776)

* [[Real Audiencia de Bos Aires]]