Emperador Konoe: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
retiro o aviso de tradución
Liña 64:
* '''''Kyūan 6''''', no 12º mes (1150): O ''Sesshō'' Minamoto-no Tadamichi, renunciou á súa posición e foi nomeado ''Daijō Daijin''. Neste mesmo mes, Minamoto-no Yoshikane pasou a ser a cabeza de familia do clan Ashikaga na provincia de [[Shimotsuke]].<ref name="t187"/>
* '''''Ninpei 1''''', no 1º mes (1151): ''Sadaijin'' Yorinaga recibiu poder adicional como ''"Naï-ken,"'' o que lle outorgaba o deber e a oportunidade de ler solicitudes formais antes de seren entregadas ao emperador. Con isto tiña os poderes do ''Sesshō'' e mais do ''Kampaku.'' As faccións da Corte que favorecían a Yorinaga adoitaban ter [[Xenreira|aversión]] por Tadamichi, e empregaban calquera medio posíbel para axudar a elevar a posición de Yorinaga. Porén, o carácter caprichoso de Yorinaga provocaba que este non fose do agrado de moitos. As súas tácticas e estratexia para mellorar o seu prestixio centráronse principalmente en diminuír o papel de Tadamichi na Corte<ref>Titsingh, [http://books.google.com/books?id=18oNAAAAIAAJ&pg=PP9&dq=nipon+o+dai+itsi+ran#PRA1-PA187,M1 p. 187-188.]</ref>
* '''''Ninpei 2''''', no 7º día do 3º mes (1152): Konoe visitou a casa de Toba-no''-Hōō'' para festexar o 50º aniversario do seu proxenitor; o emperador permaneceu até o día seguinte, divertíndose con [[Baile|bailesbaile]]s e escoitando espectáculos musicais.<ref name="t188">Titsingh, [http://books.google.com/books?id=18oNAAAAIAAJ&pg=PP9&dq=nipon+o+dai+itsi+ran#PRA1-PA188,M1 p. 188.]</ref>
* '''''Ninpei 3''''', no 2 º do 2º mes (1153): Konoe visitou a casa do seu pai, e nese mesmo mes Taira-no Tadamori, a cabeza do Tribunal Penal, finou, e a súa posición decontado foi asumida polo seu fillo, Taira-no Kiyomori.<ref name="t188"/>
* '''''Kyūju gannen''''' ou '''''Kyūju 1''''', no 5º mes (1154): ''Udaijin'' Minamoto-no Masasada retirouse da vida pública co fin de converterse en sacerdote á idade de 61. Feneceu varios anos despois.<ref name="t188"/>