Cantiga de mestría: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
mSen resumo de edición
m marcador atención
Liña 1:
{{Atención}}
Unha '''cantiga de mestría'''<ref>[http://www.cirp.es/pls/bal2/f?p=106:10:8855792983922455602::::P10_TERMO,P10_TIPO:cantiga%20de%20mestr%C3%ADa,termo Ficha] no ''Dicionario de Termos Literarios' do [[Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades]].</ref> é, dentro da [[Literatura galego-portuguesa|lírica medieval galego-portuguesa]], unha composición característica por seguir un esquema métrico do tipo: ''abbacca'', ''abbaccb'', ababcca, ''ababccb'' e carecer de retrouso, en contraposición á [[cantiga de refrán]]. Este tipo de cantiga foi moi usada na composición de [[Cantiga de escarnio e maldicir|cantigas de escarnio]] e nas de [[Cantiga de amor|amor]], sendo estas as máis relevantes. A rima nestas cantigas é sempre consonante.
 
== Historia e características ==
 
=== Orixe ===
A súa orixe está na poesía dos trobadores provenzais, os mesmos que a nomearon así por ser esta o tipo de cantiga máis perfecta, maís artísticas e libre de todo artificio popular. Aínda que gran parte da lírica galego-portuguesa bebe da tradición culta da cançó provenzal, esta sufrirá un cambio na súa adaptación a tradición lírica do noroeste peninsular, onde se fusionará co estilo local de vello dándolle así un carácter máis alonxado da súa orixe culta. Isto manifestarase en feitos como a práctica ausencia de versos isosilábicos, resultado propio dunha mestura de poesía coa lírica oral. A cantiga de mestría pódese entender como o estilo de métrica máis próximo a este xénero trobadoresco medieval do sur de Francia, xa que conserva con maior fidelidade esa tradición culta referida anteriormente.