Pena Molexa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
redacción
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 42:
Os mouros, no imaxinario galego, moran en lugares onde os humanos non poden morar: baixo a auga ou a terra. Os [[Castro (poboado)|castros]], os [[dolmen]]s, as covas e as profundidades das lagoas son espazos máxicos, mais principalmente son o lar dos seres sobrenaturais galegos que aparecen como os seus construtores e os seus moradores.
 
A Deusa Nai continúa a vivir hoxe na etnografía galega como A Moura. É un [[fósil vivente]] que, na mañá de San Xoán, ao alborexar, nos fai o presente da súa presenza, cando ven á procura dun xeneroso esposo merecedor de compartir con ela o seu amor e os seus tesouros no Alén.
 
Este é o caso da Pena Molexa no Val, un enorme [[megalitismo|megálito]], de moitas toneladas de peso, colocado a propósito en fronte do lugar por onde sae a lúa nova no ano chamado metónico. A lenda conta que a fixo unha Vella co dedo maimiño e que o día que retire o dedo é o fin do mundo.<ref>[https://andrepenagranha.files.wordpress.com/2013/06/molexa1.jpg?w=640&h=922]</ref>