Fervenza do Ézaro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
corrixido o formato das referencias
Liña 9:
No último treito do río Xallas o desnivel é de 155 metros, e a auga precipítase a 40 metros de altura monte abaixo até se esmagar con virulencia contra as paredes pétreas do [[Canón (xeoloxía)|canón]] que a propia auga arou ao cabo de millóns de anos a través do [[monte Pindo]] (de 630 m de altitude) despois de ducias de metros de caída libre no punto coñecido coma Cadoiro do Xallas ou do Pindo (unha poza de máis de 20 m de fondo), pronunciado na voz popular como ''Coaduiro'' desde os tempos de [[frei Martín Sarmiento]], malia que en tempos máis recentes fose rebautizada coma Fervenza do Ézaro. Estudosos de todo o mundo percorrían milleiros de quilómetros na procura deste espectáculo único da natureza.
 
Textos de 1724 falan xa da fervenza, describíndoa coma unha enorme fumeira que podía ser ollada dende varios quilómetros mar a dentro<ref>{{Cita web|url=http://www.montepindo.orggal/2013/02/como-era-o-monte-pindo-en-1724.html|título=Como era o Monte Pindo en 1724?m|data-acceso=2019-02-02|lingua=1gl}}</ref>.
 
== Paisaxe e ecoloxía ==
[[Ficheiro:Ezaro - 01 - Fervenza-Cascada-Waterfall.jpg|miniatura|300px|Panorámica da fervenza.]]
 
A zona ten unha [[paisaxe]] impoñente de gran valor [[Ecoloxía|ecolóxico]]. A fervenza está rodeada de espectaculares microformas graníticas que forma o [[monte Pindo]], coma a Pedra do Brazal, un milagre de equilibrio natural. A existencia de paraxes cun gran valor ecolóxico coma a área de Vilafernández, salientan pola súa flora e fauna autóctona. Nos arredores da fervenza atopamos especies botánicas únicas en Galicia coma o [[carballo anano]] (''Quercus lusitanica''), unha herba hidrófila chamada ''[[Isoetes longissimum]]'' que ocupa os ríos con augas ben osixenadas, ou a escasa herba carnívora ''[[Drosera anglica]]''. Polo xeral a vexetación é típica de matogueira con [[Ulex|toxos]], [[Erica (xénero)|uces]] e [[queiroa]]s, e con [[Piñeiro bravo|piñeiros]] e [[Carballo común|carballos]] principalmente coma estrato arbóreo. Respecto da fauna atopamos unha pequena variedade de mamíferos coma [[lebre]]s, [[coello]]s, [[Xabaril|xabarís]], mais hai que destacar a presenza da [[lontra]] ou o [[lobo]], de interese non só natural, senón tamén cultural. No encoro da Fervenza áchanse poboacións de aves de zonas húmidas coma [[Ave rapaz|rapaces]], [[parrulo]]s, [[garza]]s. Son tamén frecuentes aves coma os [[Moucho común|mouchos]] e as [[curuxa]]s. Dos [[anfibio]]s abondan unha gran variedade específica de [[ra]]s especialmente no encoro de Ponte Olveira. No río atopamos sobre todo [[troita]]s e [[Escalo (peixe)|escalos]].
Respecto da fauna atopamos unha pequena variedade de mamíferos coma [[lebre]]s, [[coello]]s, [[Xabaril|xabarís]], mais hai que destacar a presenza da [[lontra]] ou o [[lobo]], de interese non só natural, senón tamén cultural. No encoro da Fervenza áchanse poboacións de aves de zonas húmidas coma [[Ave rapaz|rapaces]], [[parrulo]]s, [[garza]]s. Son tamén frecuentes aves coma os [[Moucho común|mouchos]] e as [[curuxa]]s. Dos [[anfibio]]s abondan unha gran variedade específica de [[ra]]s especialmente no encoro de Ponte Olveira. No río atopamos sobre todo [[troita]]s e [[Escalo (peixe)|escalos]].
 
O arredores da fervenza, o [[monte Pindo]], e en xeral, a paisaxe de Dumbría, incluíuse coma zona especial de conservación ([[Lugar de importancia comunitaria de Carnota - Monte Pindo|ZEC Carnota-Monte Pindo]]), integrada na [[Rede Natura 2000]]. Porén, hai asociacións apoiando que se declare ao monte Pindo [[parque natural]], un rango de protección maior. En setembro de 2013 declarouse un [[incendio forestal]] de nivel 1 que calcinou unhas 1. 000 hectáreas<ref>http{{Cita web|url=https://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2013/09/12/incendio-monte-pindo-quemado-1000-hectareas/00031378970517088514163.htm?idioma|data=galego2013-09-13|páxina-web=La Voz de Galicia|título=Un incendio arrasa el monte Pindo y provoca un caos en los servicios básicos|data-acceso=2019-02-02|lingua=es}}</ref>.
 
== Aproveitamento da fervenza ==
Liña 24 ⟶ 23:
O caudal do Xallas mantense constante por causa dos numerosos [[encoro]]s que nel se teñen construído. En [[1897]], a Sociedade Española de [[carburo metálico|Carburos Metálicos]], hoxe parte do grupo [[FerroAtlántica]], asentouse na zona e daquela datan as primeiras construcións para obter enerxía. O encoro máis importante é o de Fervenza, construído na década dos anos 60 do [[século XX]]. En [[Ponte Olveira]] hai outra central. Máis abaixo, da presa de [[Brazal]] parten as canalizacións cara Ézaro; máis abaixo, atópase o [[encoro de Santa Uxía]], construído na década dos anos 80. Na súa desembocadura están situadas tres [[central hidroeléctrica|centrais hidroeléctricas]]: Castrelo, Santa Uxía e Pindo, esta última de principios do século XX.
 
Até 2012 as augas céibanse soamente os domingos do verán ao mediodía. Desde [[2006]], ampliouse o horario aos sábados á noite, cun espectáculo de luces. Dende 2012 a fervenza pode verse todos os días.<ref>http{{Cita web|url=https://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2011/04/14/ezaro-recupera-cascada-xallas/0003_201104G14P8991.htm|data=2011-04-14|páxina-web=La Voz de Galicia|título=O Ézaro recupera la cascada del Xallas|data-acceso=2019-02-02|lingua=es}}</ref>
 
== Etnoloxía ==
Liña 34 ⟶ 33:
 
== Enchentes de 2013 ==
En xaneiro de 2013, a causa das abundantes precipitacións e escorrentas, a fervenza recuperou un caudal que non tiña había decenios, pois obrigou á central hidroeléctrica que zuga os seus quilovatios a ceibar as augas do río Xallas ante a ameaza de que a enchente estragase as instalacións da antiga hidroeléctrica do Pindo, hoxe Ferroatlántica.<ref>{{Cita web|url=http://www.montepindo.orggal/|título=Asociación Monte Pindo Parque Natural|data-acceso=2019-02-02}}</ref>
 
== Notas ==