Air India: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
sofrer > sufrir
Liña 26:
'''Air India''' é a [[aeroliña]] nacional da [[India]].<ref>{{cita web|título=Flying low: India’s flag carrier is in big trouble|url=http://www.economist.com/node/21559372|editor=The Economist|dataacceso=24 de agosto de 2017}}</ref> Pertence a Air India Limited, unha empresa estatal, e opera unha frota de avións [[Airbus]] e [[Boeing]] que serve 90 destinos domésticos e internacionais. A compañía ten o seu centro de conexións no [[Aeroporto Internacional Indira Gandhi]], en [[Nova Deli]], xunto con varias cidades focais ao longo de todo o país. Air India é o maior operador internacional da India, cunha cota de mercado do 18,6%.<ref>{{cita web|título=Air traffic soars 15% in April; Indigo stays on top; Air India marketshare flat at 12.9%|url=http://www.financialexpress.com/industry/air-traffic-soars-15-in-april-indigo-stays-on-top-air-india-marketshare-flat-at-12-9/675661/|editor=Financial Express|dataacceso=30 de agosto de 2017}}</ref> A compañía serve uns 60 destinos internacionais a catro continentes. Ademais, Air India é a terceira aeroliña doméstica do país en número de pasaxeiros transportados (tras [[IndiGo]] e [[Jet Airways]]), cunha cota de mercado do 13.5% en xullo de [[2017]]. A aeroliña converteuse en membro da alianza [[Star Alliance]] o [[11 de xullo]] de [[2014]].
 
A aeroliña fundouna J. R. D. Tata como Tata Airlines en [[1932]]; o propio Tata pilotou o seu primeiro monomotor [[de Havilland Puss Moth]] transportando correo dende [[Karachi]] a [[Bombai]] e posteriormente ata [[Madras]]. Tras a [[segunda guerra mundial]] converteuse nunha compañía pública limitada e foi renomeada como Air India. O [[21 de febreiro]] de [[1960]] recibiu o seu primeiro [[Boeing 707]], bautizado como ''Gauri Shankar'', converténdose na primeira aeroliña asiática en ter un reactor na súa frota.<ref>{{cita web|título=Air India : The history of the aircraft fleet Read more at http://www.airwhiners.net/whine_cheez/20040726.htm#yQR0Lu2VeWwFQB68.99|url=http://www.airwhiners.net/whine_cheez/20040726.htm|editor=Airwhiners|dataacceso=30 de agosto de 2017}}</ref> En 2000–01 fixéronse intentos por privatizar a compañía, e dende [[2006]] en diante sofreusufriu perdas tras a súa fusión con [[Indian Airlines]].
 
== Frota ==