Nacionalidade: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Véxase tamén: Arranxos varios
poda > poida
Liña 3:
Nacionalidade significa tamén a pertenza dunha persoa a un [[ordenamento xurídico]] concreto. Este vencello do individuo cun [[Estado]] concreto xéralle [[dereito]]s e [[obriga|deberes]] recíprocos. Este tipo de nacionalidade (española, portuguesa etc...) mestúrase conceptual e practicamente co concepto de nacionalidade como situación social, e podería perfectamente analizarse por separado ou como unha parte da nacionalidade social, pois as leis son inevitablemente un feito social.
 
Os feitos sociais non son novos, máis si é novo o suceso de que na actualidade podamospoidamos distinguilos dun xeito máis claro e preciso, pero aínda con dificultade; entón podemos asumir que a nacionalidade e todos os conceptos relacionados con ela, estiveron presentes en calquera organización social, así como en calquera interacción entre grupos sociais durante toda a [[Historia]] do [[home]]. A situación actual do home, co constante axexo dos efectos da [[globalización]], requiriron de maiores definicións concretas nesta materia, especialmente cando esta interacción mundial require normar o comportamento do home en [[sociedade]] a través da [[lei]]. Tal é o caso, que numerosos estados e organizacións de estados xeraron leis relacionadas coa nacionalidade, os seus dereitos e os seus deberes.
 
== O Nacionalismo e a nación ==