Nomenclatura binominal: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios using AWB
letra grosa
Liña 47:
Xeralmente, á beira do nome binominal consta o apelido do autor (abreviado en botánica) que primeiro publicou oficialmente ese nome. Se a especie en cuestión actualmente pertence a un xénero diferente do orixinal descripto, faise constar o nome do autor orixinal entre paréntese anexado ao nome actual da especie. Ás veces tamén se xunta a data na que se realizou a descrición da especie. Por exemplo o pardal, ''[[Passer domesticus]]'' ([[Carolus Linnaeus|Linnaeus]], 1758) orixinalmente descrito como membro do xénero ''Fringilla''.
 
O nome do xénero (nome xenérico) sempre debe ter a inicial maiúscula, mentres que o epíteto específico non a leva nunca.<ref name="maiuscula">No pasado e ata comezos do s. XX, considerouse axeitado que o epíteto comezase con maiúscula cando derivase dun nome propio (p. ex. ''Rana Perezii''), e así pode atoparse en textos antigos, como nos textos de Linneo. Ás veces, en literatura non científica baseada en fontes antigas pode atoparse este recurso, con todo non é o correcto en correspondencia coa convención moderna.</ref> A norma inclúe a obriga de resaltar o nome, o que en manuscritos e textos mecanografados faise subliñándoo (<u>Homo sapiens</u>), e en textos de imprenta ou de ordenador faise por medio da cursiva (''Homo sapiens''), aínda que, con menos frecuencia, tamén podería resaltarse en negraletra grosa ('''Homo sapiens''').
 
O nome científico dunha especie xeralmente debe escribirse completo cando se emprega por primeira vez nun texto. Pero nas referencias posteriores a especies do mesmo xénero, o nome do xénero pode abreviarse utilizando a inicial en maiúscula seguida dun punto<ref name= abreviatura>Isto é posible se coincide co derradeiro xénero citado explícitamente (coa mesma inicial e dentro da mesma páxina).</ref> Por exemplo, para citar ao [[morcego pequeno de ferradura]] no comezo dun texto, escríbase "''Rhinolophus hipposideros''"; logo a escritura "''R. hipposideros''" sobrenténdese que é a mesma especie, mais se logo se escribe "''R. euryale''" debe entenderse que se trata de "''[[Rhinolophus euryale]]''", outra especie. Debe evitarse a abreviatura se pode inducir a engano entre nomes.