Peter Benenson: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎top: Arranxos varios, replaced: <br> → <br/>
convertir > converter
Liña 19:
Durante os primeiros anos, Benenson traballou incansablemente para o novo e florecente movemento, aportando boa parte da indispensable axuda económica, participando persoalmente nas visitas de investigación a diversos países e desempeñando un importante papel en todos os asuntos da organización. "Naqueles tempos máis tarde estabamos dando os nosos primeiros pasos e faciamos camiño ao andar. Probabamos todas as técnicas de publicidade e estabamos moi agradecidos pola axuda que nos proporcionaban os xornalistas e os equipos de televisión de todo o mundo, que non só nos enviaban información cos nomes dos presos senón que, sempre que podían, ofrecían espazo para os artigos sobre presos. Considero que foi o traballo publicitario de Amnistía Internacional o que conseguiu a súa popularidade, no só para os lectores de todo o mundo, senón para os gobernos. E iso é o que importa."
 
Fundou unha sociedade para persoas que, comoael, padecían da [[enfermidade celíaca]]. Na década dos oitenta convirteuseconverteuse en presidente da acabada de crear asociación de cristiáns contra a [[tortura]], e a principios dos noventa organizou axuda para os orfos da [[Romanía]] de [[Nicolae Ceaușescu|Ceaușescu]].
 
Nunca perdeu o seu entusiasmo por Amnistía Internacional e a mediados dos oitenta volveu desempeñar un papel activo no movemento como voceiro e activista. Non obstante, non sempre estivo de acordo coa política da organización. Por exemplo, desaprobou publicamente a decisión de non adoptar como preso de conciencia a [[Mordechai Vanunu]], o cidadán israelí encarcerado por revelar o programa de armamento nuclear do seu país.