Franz Stock: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
consigue > consegue
Liña 8:
En [[1934]] é nomeado reitor da misión católica alemá en París, pero co estoupido da [[Segunda Guerra Mundial]] debe retornar a [[Alemaña]].
 
Tras a ocupación alemá de [[Francia]] volve a París. Preocupado pola represión nazi, comeza a visitar as prisións de Fresnes, La Santé e Cherche Midi. Recibe a encomenda de atender aos condanados a morte polo que é dos poucos non integrados no aparello militar ou nazi que se move con certa liberdade polas prisións onde se ateigaban os represaliados pola ocupación. Comeza así un labor clandestino de asistencia aos prisioneiros e de posta en contacto coas súas familias e amigos arriscando a súa propia vida; filtra información, mesmo memorizando as mensaxes, que impiden novas represións e evita máis detencións e torturas. Prepara os testimuños nos xuízos que consiguenconseguen atenuar as penas.
 
Cando as forzas estadounidenses liberan París en [[1944]], é detido no hospital de la Pieté e fano prisioneiro de guerra. Deste xeito, comeza un labor de atención aos prisioneiros alemáns. Chega a organizar un seminario no campo de prisioneiros preto de [[Orleáns]].