Raíña de Sabá: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
sinte > sente
Liña 12:
 
=== Relato bíblico ===
Segundo a [[Biblia]] hebrea, a raíña do país de Sabá sintesente falar da grande sabedoría do rei Salomón e decide viaxar para pólo a proba con preguntas, levándolle agasallos en especias, ouro e xemas. A raíña fica abraiada polo saber e riqueza de Salomón, e recita unha bendición do Deus de Salomón. Salomón responde con agasallos e ''"todo o que ela desexe"''. Logo a raíña torna ó seu país. A raíña semella ser moi rica, e entrega 4.500 quilos de ouro a Salomón. Este relato está recollido no primeiro [[Libro dos Reis]], 10:1-13, e amplamente copiado no segundo [[Libro das Crónicas]], 9:1-12.
 
O [[Cantar de Salomón]] contén algunhas referencias que teñen sido varias veces interpretadas como alusións ó amor entre Salomón e maila raíña de Sabá. Así, a namorada en 1:15 declara: "Son moura, pero fermosa". Porén, en opinión dos [[eséxeta]]s o Cantar refírese á viúva de Salomón, a filla do [[Faraón]], da que se descoñece tamén o nome.