Rafael Dieste: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
→‎Bibliografía: + bibliografía
Liña 49:
O [[Golpe de Estado do 18 de xullo de 1936]] sorprendeuno en [[Madrid]] traballando nas Misións Pedagóxicas. Durante a [[Guerra civil española]] de 1936 formou parte da [[Alianza de Intelectuais Antifascistas]] promovida polos comunistas e foi un dos seus responsables da súa revista literaria, ''[[El Mono Azul]]'', colaborou tamén na revista ''[[Nova Galiza]]''. Foi nomeado director do Teatro Español formando unha compañía con actores en paro. Seguiu a retirada republicana a [[Valencia]] en novembro de 1936 onde participa na fundación da revista literaria ''Hora de España'' e [[Barcelona]] a fins de 1937 e recibe o encargo de [[Alfonso Daniel Rodríguez Castelao]] de dirixir ''Nova Galiza'', en 1939 ingresou no Exército do leste como comisario e participou na elaboración de ''El Combatiente del Este'', finalmente exiliouse coa caída de [[Cataluña]]. Despois de breves estadías en [[Francia]], [[Rotterdam]] e no [[Uruguai]], estableceuse en [[Buenos Aires]], onde traballou como director literario na Editora Atlántica. En [[1948]], viaxou por Europa como comisionado do Museo Nacional de Artes Plásticas de [[Montevideo]], e aceptou un posto de lector de Lingua e Literatura Españolas na [[Universidade de Cambridge]] até [[1952]], ao que seguiría outro lectorado no Instituto Tecnológico y de Estudios Superiores de [[Monterrey]], México. En [[1954]] regresou a Buenos Aires e á Editorial Atlántida, na que apareceu a versión definitiva de ''A fiestra valdeira'' ([[1958]]).
[[Ficheiro:Rafael Dieste. Dos arquivos do trasno. Contos do Monte e do mar.jpg|miniatura|''Dos arquivos do trasno''.]]
En [[1961]] regresou a Rianxo e, un ano despois, publicou na [[Editorial Galaxia]] unha reedición de ''[[Dos arquivos do trasno]]'', ampliando o número de contos. A mediados desa década instalouse na [[A Coruña|Coruña]] e eno 18 de abril de [[19701971]] ingresou na [[Real Academia Galega]] como membro de número co discurso "A vontade de estilo na fala popular". Colaborou en diversas publicacións e foi requirido para participar en conferencias, homenaxes e mesas redondas. As súas intervencións nestes actos públicos foron recollidas no libro póstumo ''Encontros e vieiros'' ([[1990]]). En [[1977]] asinou o "[[Manifesto dos 29]]", reclamando o [[autogoberno]] para Galiza.
 
Poucos meses antes da súa morte apareceu o volume ''Antre a terra e o ceo'', que recolle artigos dos anos vinte publicados en ''El Pueblo Gallego''. Foi nomeado Membro de honra da [[Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega]] en [[1981]].