Igrok: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
Igrok
Ogaiago (conversa | contribucións)
→‎Trama: Quitei os acentos todos do /e/ de Alexei
Liña 36:
[[Ficheiro:Wiesbaden Luisenplatz 2005-07-18.JPG|dereita|miniatura|250px|A cidade de Wiesbaden.]]
 
Co tempo, AlexéiAlexei coñece os detalles do estado financeiro do Xeneral e de Polina a través de Mr. Astley, un tímido inglés que parece compartir a fixación de Alexei por Polina. Procede da nobreza británica e ten unha boa cantidade de diñeiro.
 
Un día, mentres Polina e Alexei se encontran nun paseo, ven un barón e unha baronesa. Polina rétao a comportarse de forma insultante coa parella de [[Aristocracia|aristócratas]], e el faino sen vacilar. Isto desencadea unha serie de eventos que poñen en evidencia o interese da señora de Cominges polo Xeneral, e este despide a Alexei como titor dos seus fillos. Pouco despois aparece a anciá tía do Xeneral, sorprendendo a todos. Ela dilles que sabe todo acerca da débeda do Xeneral e por que o home e a muller francesa están a esperar día tras día. Por fin, anuncia a todos os beneficiarios da súa futura morte que non conseguirán nada da súa fortuna. A continuación, pide a AlexéiAlexei que exerza de guía pola cidade-[[balneario]], notoriamente famosa polas súas augas curadoras e tamén notoriamente infame polos seus casinos. Entran nun deles, e a tía quere xogar.
 
Despois de ensinarlle a mecánica da mesa da ruleta, xoga e gaña unha cantidade significativa de cartos. Tras un breve regreso ao hotel, volve á mesa da ruleta e comeza a perder, e enviciada polo xogo termina por deixar na mesa case cen mil [[rublo]]s antes de irse da cidade. Cando Alexei regresa á súa habitación, despois de enviar á tía á estación de tren, é recibido por Polina. Ela dille que Des Grieux deixou a cidade logo de condonar ao Xeneral unha parte das hipotecas na súa propiedade. A continuación, explica que non podía corresponder ao amor de AlexéiAlexei debido a que estaba en débeda co Xeneral. Ao oír isto AlexéiAlexei sae correndo da habitación e diríxese ao casino, onde comeza a xogar nun estado case febril e gaña máis de douscentos mil rublos. Volve á habitación, onde o agarda Polina, e ante ela baleira sobre a cama os petos cheos de [[ouro]] e billetes de banco. Quedan durmidos no sofá, e ao día seguinte ela dille que o odia e que quere estar co Sr. Astley. Estes dous tiveran xa varios encontros, e supúñase que debía encontrarse con el se non quedase durmida na habitación. Sae correndo do hotel e AlexéiAlexei non volve vela.
 
Sabendo que o Xeneral non recibiría a agardada herdanza, a señora de Cominges abandona o hotel acompañada da súa nai rumbo a [[París]], e AlexéiAlexei únese a elas. Permanece en París durante un mes e déixase levar pola nobre, gastando a súa fortuna en cabalos e frivolidades para que ela acade un nome na sociedade parisina.
 
AlexéiAlexei comeza a xogar para sobrevivir. Porén, perde todos os cartos e é levado ao cárcere tres meses, pero alguén paga a súa débeda e pode saír. Un día atópase co Sr. Astley nun banco do parque de [[Bad Homburg]] e charla con el. Este dille que Polina está en [[Suíza]] e que o ama de verdade. Astley dálle algo de cartos, coa esperanza de que Alexéi non o gaste no xogo.
 
A obra remata cun [[final aberto]]. AlexéiAlexei marcha a casa soñando con ir a Suíza ao día seguinte. É consciente de que se vai ao casino é moi probable que perda os cartos, pero sabe que algún día logrou moitos cartos, e que pode repetirse a xogada.
 
== Narración ==